Skip to main content

A Xunta impulsa a publicación dun libro sobre a importancia da Xeración Nós na arqueoloxía galega

A Xunta impulsa a publicación dun libro sobre a importancia da Xeración Nós na arqueoloxía galega

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Xulio Rodríguez, presentaron este martes na sede da delegación o libro Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós, impulsado polo Goberno galego en colaboración co Seminario de Estudos Galegos e editado polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia expón máis de 150 obxectos sobre a figura de San Cipriano o Mago

O Museo Etnolóxico de Ribadavia expón máis de 150 obxectos sobre a figura de San Cipriano o Mago

A mostra afonda na pegada desta figura no imaxinario popular de Galicia.

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, e o alcalde de Ribadavia, César Fernández, inauguraron no Museo Etnolóxico de Ribadavia a mostra San Cipriano o mago. De oracións, ciprianillos e tesouros que expón máis de 150 obxectos vencellados con esta figura do santo de Antioquía.

San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros

San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros

A exposición "San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros" chega ao Museo Etnolóxico de Ribadavia. Esta mostra supón unha achega á figura de San Cipriano de Antioquía, o santo máxico cristián por excelencia, patrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios.

Presentación do novo número da revista "CROA"

Presentación do novo número da revista "CROA"

O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou o día 10 de decembro no Museo do Castro de Viladonga o número 30 da revista CROA.

A revista CROA é unha edición anual do Museo do Castro de Viladonga. De carácter informativo e científico, está composta por artigos de temática arqueolóxica, histórica, artística e patrimonial. Pretende ser o órgano de expresión científica e cultural do museo e, ademais, servir de vía de comunicación con outros museos a través do intercambio con outras institucións interesadas.

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a "Peza do mes" de decembro

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a "Peza do mes" de decembro

Como todos os meses, o museo escolle unha peza ou obra para darlle máis visibilidade e tratala de xeito singularizado a través dunha edición virtual na que unha persoa especialista ou investigadora dá a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza ou obra escollida.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago amplía as súas redes sociais

O Museo das Peregrinacións e de Santiago amplía as súas redes sociais

O Museo das Peregrinacións e de Santiago, consciente da importancia que nos últimos tempos adquiriron as canles de comunicación dixitais, está a levar a cabo unha actualización destas coa finalidade de crear unha rede de divulgación, intercambio e encontro. O obxectivo do museo é seguir máis preto de todas as persoas que a diario amosan o seu interese polas actividades do museo e polas súas coleccións.

Galicia a terra dos mil panos. Roupa de levar á vila

Galicia a terra dos mil panos. Roupa de levar á vila Montaxe cunha escolma de pezas de vestimenta tradicional.

A mostra "Galicia a terra dos mil panos. Roupa de levar á vila" está elaborada con bens da colección da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, e propón unha atractiva achega ás pezas de vestimenta tradicional de Galicia.

Mediante unha coidada selección, do total de obras que compoñen a exposición orixinal, a mostra presenta elementos tan singulares como 7 mantóns antigos de paisley de espectacular colorido e deseño con máis de 150 anos de antigüidade e panos de cabeza, de bobiné de batista ou tule bordados a man.

Convocado o XII Premio Internacional Atlante de Gravado

Convocado o XII Premio Internacional Atlante de Gravado

A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital convocou a edición de 2020 do Premio Internacional Atlante de Gravado, que aglutina os seguintes galardóns, ademais de comportar a edición das obras distinguidas:

  • Premio Ramiro Carregal de gravado de 5.000 €
  • Tres premios dotados con 2.500 € cada un
  • Un premio especial Pedras de Santiago, de 2.000 €, para un/unha artista nacido/a ou residente en Galicia

 

O prazo de inscrición manterase aberto ata o 31 de maio de 2021.

A Xunta propón un percorrido pola romanización de Galicia a través dos fondos pétreos do Museo Arqueolóxico de Ourense

A Xunta propón un percorrido pola romanización de Galicia a través dos fondos pétreos do Museo Arqueolóxico de Ourense

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou o venres na inauguración da nova exposición en gran formato sobre a romanización de Galicia que pode visitarse no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las. A mostra nútrese de pezas correspondentes á última fase do traslado dos fondos arqueolóxicos e artísticos, fundamentalmente pétreos, que custodiaba a antiga sede do Museo Arqueolóxico de Ourense.

Subscribe to