Skip to main content

O conselleiro de Cultura inaugura unha exposición de Tino Martínez no Museo das Peregrinacións e de Santiago

O conselleiro de Cultura inaugura unha exposición de Tino Martínez no Museo das Peregrinacións e de Santiago

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, salientou a contribución que as romarías e festividades tradicionais están a ter no impulso da cultura popular galega e animou a seguir poñéndoas en valor. Así o manifestou o pasado 2 de xullo durante a inauguración da exposición "Fe. Tino Martínez 1971-2016" no Museo das Peregrinacións e de Santiago, que recolle preto dun centenar de fotografías destas festividades a cargo do artista compostelán.

Inaugurada a mostra "Vestir épocas, 1860-1960. A colección González-Moro"

Inaugurada a mostra "Vestir épocas, 1860-1960. A colección González-Moro"

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugurou a exposición temporal Vestir épocas, 1860-1960. A colección González-Moro, que se poderá visitar ata o 14 de marzo de 2021.

O obxectivo desta exposición é ofrecerlle á cidadanía unha programación de calidade en contornos destacados do patrimonio cultural, co fin de promover e fomentar o interese creativo do conxunto da poboación de Galicia, en concordancia coas competencias e funcións da Consellería de Cultura.

Presentación do informe "Los museos españoles ante la pandemia de COVID-19"

Presentación do informe "Los museos españoles ante la pandemia de COVID-19"

<p>No ano 2020 as institucións museísticas, xunto co resto da sociedade, fixéronlle fronte a unha etapa de enorme transcendencia marcada pola crise sanitaria, cuxa consecuencia máis directa foi o peche temporal das institucións e a incerteza sobre a reapertura.</p>

Os museos da Xunta súmanse ao Día dos Museos con máis dunha trintena de actividades presenciais e en liña

Os museos da Xunta súmanse ao Día dos Museos con máis dunha trintena de actividades presenciais e en liña

A meirande parte concéntranse arredor do martes 18, día da conmemoración, e incluirá visitas guiadas, obradoiros, música e teatro, entre outras propostas.

A Xunta de Galicia celebra o Día dos Museos este martes 18 de maio, coa organización de múltiples actividades nos centros museísticos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Trátase dun conxunto de máis de 30 actividades presenciais e en liña que abranguen obradoiros, visitas guiadas ou concertos, entre outros.

O Muvicla intégrase na Rede de Centros Museísticos de Galicia

O Muvicla intégrase na Rede de Centros Museísticos de Galicia

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 13 de maio de dous mil vinte, acordou a creación e cualificación da colección Muvicla (Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria) segundo o disposto nos artigos 4 e 13 da Lei 7/2021, de 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia. Con este acordo, o centro MUVICLA intégrase na Rede de Centros Museísticos de Galicia. É a primeira colección museográfica recoñecida dende a entrada en vigor da nova Lei de museos.

Comeza a celebración do Día Internacional dos Museos 2021

Comeza a celebración do Día Internacional dos Museos 2021

Os museos empezan a celebración desta sinalada data. Tras a dificultade que supuxo o ano pasado por mor do confinamento, este ano, ademais de polas redes sociais, tamén poderán desfrutarse algunhas actividades de xeito presencial, respectando sempre as medidas establecidas polas autoridades sanitarias en canto a aforamento e medidas hixiénicas.

O ano 2020, coa crise da COVID-19, foi o catalizador para innovacións cruciais que xa estaban en marcha, en particular, cara á dixitalización e o uso de novas formas de difusión cultural.

Presentación do catálogo da exposición “Vestir épocas”

Presentación do catálogo da exposición “Vestir épocas”

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou o venres 26 de febreiro o catálogo desta mostra, nunha rolda de prensa na que gabou o traballo do Museo de Belas Artes da Coruña e dos dous comisarios da exposición, o arquitecto Fernando Agrasar e o especialista en moda Román Padín, na elaboración do catálogo Vestir épocas 1860-1960.

A terceira parte da exposición "Colección de arte Abrente", no Museo Etnolóxico

A terceira parte da exposición "Colección de arte Abrente", no Museo Etnolóxico

Complétase agora o conxunto de exposicións que visibiliza e homenaxea o labor do Grupo Abrente, unha agrupación que, centrada na colaboración entre artistas, escritores e intelectuais, materializouse nunha colección plástica que reflicte as novas inquietudes artísticas da década dos 70 en Galicia.

Subscribe to