Skip to main content

O Museo do Castro de Viladonga abre a programación de verán cun obradoiro sobre plantas medicinais

O Museo do Castro de Viladonga abre a programación de verán cun obradoiro sobre plantas medicinais

O domingo 26 de xuño o Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei) abriu a programación de verán co obradoiro “A botica do castro de Viladonga”. Dirixido a público adulto e impartido pola artesá Lola Tourón, a iniciativa tivo como obxectivo facilitar o coñecemento e a utilización das plantas medicinais ao tempo que se afondou na contorna natural do xacemento arqueolóxico.

Novidades expositivas no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Novidades expositivas no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Superar a ausencia no espazo expositivo do emblemático Santiago peregrino de Juan de Flandres, actualmente no Museo Nacional del Prado, semellaba unha tarefa difícil de afrontar. Tras un meticuloso estudo dos fondos do museo, os conservadores do Museo das Peregrinacións e de Santiago resaltaron un Santiago peregrino que cumpría cos requisitos para ocupar o baleiro deixado por Juan de Flandres.

Apeiros de tracción animal

Apeiros de tracción animal

O obxectivo desta mostra é contribuír á difusión das prácticas de tracción animal respectuosa. Faise en colaboración coa Asociación Galega de Tracción Animal (AGATRAN) e o Centro de Interpretación da Tracción Animal (CITRAN). Móstranse una selección de xugos, en referencia á historia do que foi a tracción animal, así como audiovisuais da tracción animal moderna. A súa estancia en Lobios fíxose coincidir coa reunión anual no CITRAN da Fédération Européenne du Cheval de Trait pour la promotion de son Utilisation (FECTU).

Rafael Bordallo Pinheiro

Rafael Bordallo Pinheiro Mostra da obra gráfica e cerámica do artista e humorista portugués.

Rafael Bordallo Pinheiro (1846-1905) foi o feliz creador do personaxe máis coñecido e máis contestatario do humor portugués: Zé Povinho. Foi un dos artistas máis destacados e unha das figuras máis carismáticas da sociedade portuguesa da época: artista plástico, decorador, humorista, caricaturista, oleiro, aspirante a actor, era un asiduo das salas de teatro e ópera de Lisboa e afeccionado ao bo viño e á boa comida.

Conferencia no Museo das Peregrinacións e de Santiago "Vida de músico na Galiza medieval"

Conferencia no Museo das Peregrinacións e de Santiago "Vida de músico na Galiza medieval"

O pasado sábado, dentro das actividades conmemorativas do #DIM_2022, Francisco Luengo, músico & luthier deu unha conferencia: "Vida de músico na Galiza medieval".

Para levar a cabo as tarefas de reprodución de instrumentos antigos, o punto de partida esencial é a investigación. Buscar as técnicas e os pormenores, que son os que nos achegarán con maior fidelidade os sons antigos. 

As actividades do Día Internacional dos Museos no Museo das Peregrinacións e de Santiago clausuráronse co Obradoiro de Torques Castrexos

As actividades do Día Internacional dos Museos no Museo das Peregrinacións e de Santiago clausuráronse co Obradoiro de Torques Castrexos

Baixo o lema do #DIM_2022 "O poder dos museos" produciuse unha extraordinaria mestura de tradición e innovación con este antiquísimo símbolo de poder de referencia. O obradoiro proporcionou a canle para deixar renda solta a liberdade creativa desde a percepción dos pequenos e pequenas da casa.

Os asistentes ao taller visitaron a súa vez os obxectos de ourivaría castrexa expostos no Museo. Deste xeito contextualizaban en primeira persoa estas pezas arqueolóxicas tan significativas do noso pasado.

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura unha mostra sobre a obra de Manuel Vilariño

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura unha mostra sobre a obra de Manuel Vilariño

O conselleiro de Educación, Cultura, FP e Universidades, Román Rodríguez, convida a cidadanía a afondar na obra do Premio Nacional de Fotografía Manuel Vilariño a través da mostra After the Whale. Un diálogo co museo, inaugurada hoxe no Museo de Belas Artes da Coruña nun acto que contou coa participación do artista. A exposición, coa que o espazo museístico abre a programación conmemorativa do seu centenario, busca establecer unha relación entre as obras da colección permanente do museo e distintas creacións de Vilariño.

Tecedeiras. Arte e talento na sombra. Colección Manuel Rodríguez Calviño

Tecedeiras. Arte e talento na sombra. Colección Manuel Rodríguez Calviño Creacións artesanais de enxoval doméstico.

Na mostra expóñense varias pezas de enxoval doméstico tradicional, formado por unha colección de colchas ou cobertores seleccionados entre máis de noventa pezas de tecido popular galego, que enriquece as pezas xa habitualmente mostradas no museo. Trátase posiblemente dunha das maiores coleccións privadas en Galicia, na que están presentes obras de toda a xeografía e están representadas a práctica totalidade das técnicas, tecidos e materiais empregados polas nosas tecedeiras ata ben andada a metade do século XX.

After the whale

After the whale Fotografías de gran formato que dialogan coas obras da colección do Museo de Belas Artes da Coruña.

Artista visual e poeta, Manuel Vilariño nace na Coruña en 1952.

Iníciase na fotografía nos anos 70 do século XX. Expón por primeira vez en 1983 en Ferrol e a súa obra empeza a espertar o interese do público e da crítica. A súa proposta artística caracterízase pola integración do mundo oriental co barroco español para expresar a inquietude que produce o paso do tempo no ser humano.

No ano 2007 gana o Premio Nacional de Fotografía do Ministerio de Cultura de España e participa no Pavillón Español da Bienal de Venecia co seu Paraíso fragmentado.

Subscribe to