Ir o contido principal

Día de portas abertas e degustación de chocolate

Día de portas abertas e degustación de chocolate Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Con motivo da celebración do día dos museos a Colección museográfica Casa do Chocolate de Teimende invitará aos visitantes a unha xornada de portas abertas con degustación de chocolate e galletas.

Haberá visitas de balde cada hora ata completar aforo:

- 11:00 horas

- 12:00 horas

- 13:00 horas

- 15:00 horas

- 16:00 horas

Reservas:

- Teléfono: 689 683 713

- Correo electrónico: turismo@paradadesil.es

Castelao ensina

Castelao ensina Conmemoración do ano de Castelao

Mostra sobre Castelao na súa dobre vertente de docente no Instituto de Pontevedra así como de cidadán que compartiu, a través da súa obra, a súa visión crítica sobre a situación da escola na Galicia que lle tocou vivir.

Entrada libre e gratuíta

Peza do mes: Cáliz tardogótico

Peza do mes: Cáliz tardogótico Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 14 de maio ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo de Belas Artes) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A maleta da mestra

A maleta da mestra Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques. Raquel Queizás

Á nova mestra chamábamoslle “pisa pouquiño”, era divertida e agarimosa, non como Dona Clarisa. Chsss! Que agocha a maleta da nova mestra? Que misterio! Abrímola amodiño...

Público familiar (a partir de 3 anos)

Venres 16 de maio. 17:30h

De balde con reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose Castro Coto do Mosteiro, revisitado 40 anos despois

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, Luis Orero Grandal será o relator a cargo de "Castro Coto do Mosteiro, revisitado 40 anos despois".

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Resis Festival 2025

Resis Festival 2025 Concerto en colaboración coa Asociación cultural AÏS

Participación no festival RESIS, un extraordinario evento artístico iniciado en 2018, que se sustenta na integración de propostas musicais de vangarda con diferentes linguaxes artísticas, e desenvólvese en singulares espazos escénicos, arquitectónicos e naturais da Coruña. O Museo é sede dun dos seus concertos desde o seu inicio. O 2025 acolle o Concerto Liñas de Auga, do Gerhard Quartet, dentro da VIII edición do festival, que neste ano homenaxea aos compositores Wolfgang Rihm e Helmut Lachenmann.

Programa

Conferencias no marco da exposición "Memoria e azougue"

Conferencias no marco da exposición "Memoria e azougue" Aproximación á fotografía histórica custodiada no Museo

En relación á exposición fotográfica “Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos (1897-1970)”, o Museo Etnolóxico presenta un ciclo de conferencias que comenzarán o venres 25 de abril ás 8 da tarde da man de María Soliña Barreiro González e continuará con outras dos conferencias realizadas por Vitor Vaqueiro Foxo e Eduardo Ochoa o sábado 10 de maio ás sete da tarde. Os títulos son os seguintes:

- 25 de abril: Retrato e clase na fotografía galega do primeiro terzo do século XX, por María Soliña Barreiro González

Subscribirse a