Ir o contido principal

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose Aquae Querquennae. 50 anos de investigación

O relator será Santiago Ferrer Sierra.

Arqueólogo pola USC, é especialista en arqueoloxía romana e autor de numerosos artigos, libros e colaboracións en obras colectivas. Codirector xunto co profesor Rodríguez Colmenero primeiro e director despois das intervencións arqueolóxicas no campamento romano de Aquae Querquennae. É Académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes.

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose O Forno Castromao: unha nova vida para unha descuberta excepcional.

Preestrea de «ANATOMÍA DUN FORNO»: presentación do documental dirixido por Illa Bufarda S. Coop. Galega.

Parladoiro «DESVELANDO AS INCÓGNITAS»: exposición das persoas participantes desvelando a travesía experimental, da mirada particular cara ao forno, e das consecuencias futuras.

CIPC Muíño do Pan de Baamonde

O centro de interpretación do patrimonio cultural do Muíño do Pan de Baamonde recupera un antigo muíño como elemento do patrimonio material de carácter etnográfico.

Este espazo, ademais, facilita a transmisión dun importante compoñente de patrimonio inmaterial galego que difunde os valores dun grupo humano e dos seus caracteres antropolóxicos, culturais e sociais: neste caso, o mundo arredor dos muíños, tradicións e contexto sociocultural de Baamonde, na época na que estaba en funcionamento.

Educación, música e tradición

Educación, música e tradición Visita guiada

Visita guiada "Educación, música e tradición"

Mércores 26 de febreiro. 17:30 h

Público adulto

Entrada libre ata completar aforo

Ruta temática na que analizaremos, a través dun percorrido por varias das salas do museo, a relación entre música, escola e tradición, transitando por algúns dos cambios producidos ao longo dos dous últimos séculos da nosa historia.

 

Ao son dun cantar

Ao son dun cantar Concurso de Fotografía

XII convocatoria do Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos (18 de maio). O concurso pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos, artísticos, etnográficos e antropolóxicos.

Concha Jerez y José Iges. Resignificacións

Concha Jerez y José Iges. Resignificacións

Con relevantes traxectorias individuais Concha Jerez (Las Palmas de Gran Canaria, 1941) e José Iges (Madrid, 1951) desenvolveron de forma paralela, desde hai máis de tres décadas, unha produción común que se contamina e se enriquece na diferenza das súas respectivas linguaxes. A partir do concepto de resignificación, esta mostra conxunta reúne obras realizadas entre 1989 e 2023.

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta o catálogo da exposición que reflicte a pegada da arquitectura na identidade cultural e social de Galicia

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta o catálogo da exposición que reflicte a pegada da arquitectura na identidade cultural e social de Galicia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe o catálogo da mostra Arquitecturas que falan do seu tempo que o Museo de Belas Artes da Coruña abriu ao público o pasado 6 de novembro para conmemorar o 175 aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes, motivo polo que a exposición fai un percorrido polas obras dos 23 arquitectos académicos de honra desta institución, co obxecto de reflectir a súa pegada na identidade cultural e social de Galicia.

Subscribirse a