Ir o contido principal

O xogo da estampa

O xogo da estampa Obradoiro de técnica de gravado para non iniciados, en quendas de mañá ou tarde

O curso céntrase nas técnicas calcográficas de punta seca e aditivas. Os alumnos iniciaranse nos procesos do gravado e na súa comprensión como medio de expresión nas súas diferentes etapas: preparación e uso adecuado dos materiais, estampaxe e reprodución exacta dun número de probas orixinais por matriz.

Destinatarios: público adulto non iniciado.

Grupo dos venres: do 28 de marzo ao 25 de abril (agás o 18 de abril), de 17:30 a 19:30 horas.

Grupo dos sábados: do 29 de marzo ao 26 de abril (agás o 19 de abril), de 11:00 a 13:00 horas.

LecturArte

LecturArte Lugar de encontro para persoas lectoras con interese en temas da arte

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a segunda edición de LecturArte, o clube de lectura organizado desde o museo.

LecturArte é un lugar de encontro para persoas lectoras e curiosas sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Coordina: Cecilia Monllor. Estableceránse dous grupos co seguinte horario:

Os temas da arte: Tirando do fío

Os temas da arte: Tirando do fío Segunda parte deste curso dedicado a Arte e a moda, nesta ocasión a través da moda decimonónica

O Museo inicia no primeiro semestre do ano unha nova edición do ciclo anual "Os temas da arte". Xa iniciado con anterioridade, baixo o título Tirando do fío (2ª parte),  atende á evolución dos valores da vestimenta mediante exemplos de obra plástica relevante de cada período; neste ano coa intención de abordar os cambios históricos substanciais e a consecuente evolución dos traxes en Occidente da época decimonónica.

Se a miña avoa tivese rodas...

Se a miña avoa tivese rodas... Obradoiro de paste up para público infantil

Obradoiro dirixido polos ilustradores Michel Casado e Sofía Venzel para aproximarse ás dificultades coas que se atoparon as mulleres que, a comezos do pasado século, querían estudar. O suxestivo título serve para presentar as restriccións que tiveron as mulleres para o acceso aos estudos superiores, e qué tería pasado se as avoas tiveran ido ás universidades. Mediante a técnica do paste up, empregada na arte urbana, as nenas e nenos poderán imaxinar e dar forma a unha vida alternativa para elas.

O Camiño en viñetas. A aventura xacobea de Simón Martel

O Camiño en viñetas. A aventura xacobea de Simón Martel

Da man de Compostela Ilustrada, por primeira vez o Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle unha exposición con deseños de cómic vencellada ao Camiño. Esta nova mostra xira arredor da publicación A aventura xacobea de Simón Martel. Neste cómic, dous adolescentes, a moza Simón e o seu amigo Brais, deciden percorrer o Camiño na compaña dos tíos da primeira. Distintos personaxes reais vanse cruzando na súa peregrinación e van achegando á historia novos perfís e ideas.

Intelixencia Artificial e o seu impacto social

Intelixencia Artificial e o seu impacto social

No marco das Xornadas de Innovación e Dixitalización para Mozidade (InnovaDavia), coa colaboración do OMIX e o concello de Ribadavia, terá lugar no Museo Etnolóxico unha mesa de debate sobre Intelixencia Artificial e o seu impacto social, coa participación dos ponentes:

Paula Rodríguez Rivera da Universidade de Vigo (campus Ourense) e dous membros de Elitek Soluciones: Jairo Carrera e Nicolás Álvarez.

Peza do mes: Gravado sobre cerámica. Baños de Río Caldo (Lobios, Ourense)

Peza do mes: Gravado sobre cerámica. Baños de Río Caldo (Lobios, Ourense) Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 12 de marzo ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Mulleres nas ciencias naturais

Mulleres nas ciencias naturais

Obxectivos

  • Coñeceremos a contribución ás ciencias naturais de distintas mulleres dos últimos 400 anos.
  • Relacionaremos os seus achados coas exposicións do museo.
  • Comprenderemos o por que dun día da muller traballadora.
  • Realizaremos as nosas pequenas aportacións á ciencia.

Metodoloxía

Descubrimento a través de actividades e xogos

Responsable

Sabela Pérez Castro

Idade

De 9 a 14 anos

Tamaño dos grupos

Vindeiros eclipses de Sol e Lúa visibles desde Galicia

Vindeiros eclipses de Sol e Lúa visibles desde Galicia

En 2025 haberá dous eclipses totais de Lúa e un parcial de Sol visibles dende Galicia. Daremos indicacións sobre a visibilidade e as técnicas para observar estes fenómenos.

Ademais falaremos das eclipses de Sol que se producirán na península ibérica nos anos que veñen, que farán da península un dos lugares do mundo máis axeitados para disfrutar deles.

Subscribirse a