Ir o contido principal

Do 2 de abril ao 28 de maio do 2025 - 10:00h Os temas da arte: Tirando do fío Segunda parte deste curso dedicado a Arte e a moda, nesta ocasión a través da moda decimonónica

O Museo inicia no primeiro semestre do ano unha nova edición do ciclo anual "Os temas da arte". Xa iniciado con anterioridade, baixo o título Tirando do fío (2ª parte),  atende á evolución dos valores da vestimenta mediante exemplos de obra plástica relevante de cada período; neste ano coa intención de abordar os cambios históricos substanciais e a consecuente evolución dos traxes en Occidente da época decimonónica. O impacto da Revolución Francesa e as transformacións paulatinas do fenómeno da industrialización, haberían de propiciar profundos e convulsos cambios sociopolíticos, síntomas dunha nova era.

Impartido por Carolina Munáiz.