Ir o contido principal

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose A neveira de Pardeconde

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, María Martín Seijo e Luis Cordeiro Maañón serán quen presenten "A neveira de Pardeconde (Xunqueira de Espadanedo) e a conservación dos bens de madeira".

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose Idade Media no Val do alto Támega

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, Víctor Rodríguez Muñiz será o relator a cargo de "Idade Media no Val do alto Támega: o exemplo do conxunto arqueolóxico da Ceada das Chás-Castelo de Lobarzán". Este conxunto arqueolóxico situado entre os concellos de Oímbra e Monterrei considérase un enclave fundamental para coñecer a historia medieval da comarca. 

Presentación das actividades nos museos para o ano 2025

Presentación das actividades nos museos para o ano 2025

Os museos da Xunta programan este ano un total de 60 exposicións que se complementan con máis de 160 actividades “para todos os públicos e intereses”. Así o anunciou o pasado venres o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, que, xunto co director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deu conta dun calendario de propostas que abrangue 11 centros museísticos xestionados directamente polo Goberno galego e estendidos polas catro provincias.

Encontros sobre patrimonio construído

Encontros sobre patrimonio construído

Exposición e debate de investigacións recentes sobre intervencións no patrimonio construído como parte da creatividade e a evolución da arquitectura moderna e contemporánea.

Conferencia por Juan José Lahuerta. Organizado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (ETSAC-UDC) en colaboración co Grupo de Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela.

Museos de cine

Museos de cine II ciclo de Museos de cine para redescubrir as salas dos museos

O Museo de Belas Artes da Coruña volve convocar este ciclo de cine, tras a boa acollida no ano 2024. Baixo o lema “Museos de Cine”, e co obxectivo de redescubrir as salas dos museos, as galerías de arte, a actividade que alí se realiza e o papel dos seus protagonistas, para así, ao través da mirada do autor, coñecer a tremoia que se esconde tras estas grandes e/o pequenas institucións culturais.

Esta é a programación pormenorizada:

2 de abril: El gran Museo (Austria 2014) 94 min

VIII Ciclo Música de cámara no museo

VIII Ciclo Música de cámara no museo Concertos do Conservatorio Profesional de música da Coruña

Un ano máis, o Museo de Belas Artes promove o ciclo de Música de Cámara no Museo, coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música da Coruña e a Asociación de Amigos do Museo.

A entrada será libre ata completar aforo do Salón de actos do Museo. Levarase a cabo os sábados 22 e 29 de marzo e o 5 de abril, e o programa será o seguinte:

22 de marzo

XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA

XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA Combinación de música e visita ao museo

Un ano máis, o Museo estrea un novo ciclo de "Música para unha época", ciclo que combina música dunha determinada época coa visita guiada á sala do museo correspondente co mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

Estas son as datas e o resumo do programa.

Todos os concertos poden ser seguidos en streaming pola canle de Youtube do Museo.

13 de abril: O século XVII. 

Concerto: The Sylvains (voz e clave)

Visita guiada: A pintura barroca

Subscribirse a