21 de abril - 19:30h Arqueoloxía en Monodose A neveira de Pardeconde
Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, María Martín Seijo e Luis Cordeiro Maañón serán quen presenten "A neveira de Pardeconde (Xunqueira de Espadanedo) e a conservación dos bens de madeira".
As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense