Ir o contido principal

Do 2 de abril ao 30 de abril do 2025 - 19:30h Museos de cine II ciclo de Museos de cine para redescubrir as salas dos museos

O Museo de Belas Artes da Coruña volve convocar este ciclo de cine, tras a boa acollida no ano 2024. Baixo o lema “Museos de Cine”, e co obxectivo de redescubrir as salas dos museos, as galerías de arte, a actividade que alí se realiza e o papel dos seus protagonistas, para así, ao través da mirada do autor, coñecer a tremoia que se esconde tras estas grandes e/o pequenas institucións culturais.

Esta é a programación pormenorizada:

2 de abril: El gran Museo (Austria 2014) 94 min

23 de abril: The Square (Suecia 2017) 151 min.

30 de abril: Francofonía (Francia, Alemania e Países Baixos 2015) 85 min.

Entrada de balde ata completar aforo.

Máis información nesta ligazón do Museo