Ir o contido principal

Bookcrossing no museo

Bookcrossing no museo

Durante esta xornada liberaremos varios libros en distintos espazos interiores e exteriores do museo. Todos eles estarán etiquetados, identificados como “libros libres” mediante un adhesivo na portada e rexistrados na páxina de Bookcrossing para que calquera que os atope poida levalos e liberalos de novo nun espazo público despois da súa lectura.

Sábado 26 de abril

Entrada libre

Horario de apertura do museo (10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:30)

Escola de escribas

Escola de escribas Conmemoración do día do libro

Obradoiro infantil

Con motivo do Día do Libro achegarémonos aos inicios da escritura para comprender a importancia desta ferramenta na comunicación e rexistro de información. Coñeceremos e experimentaremos con distintos soportes e utensilios empregados ao longo da historia, centrándonos nesta ocasión no antigo Exipto.

Obradoiro de cerámica castrexa

Obradoiro de cerámica castrexa Primeiro dos obradoiros para adultos do ano 2025 en Viladonga

Un ano máis, o Museo do Castro de Viladonga acolle un obradoiro de cerámica castrexa. Un obradoiro dirixido ao público adulto con ganas de aprender a facer cerámica ao xeito dos habitantes dos castros, coa técnica do rolo. Faise todo o proceso de elaboración, polo que tras o aprendizaxe, o deseño e a feitura o 3 de maio (en dúas quendas), farase tamén a cocción en forno aberto o 31 de maio.

Na inscrición terán preferencia as persoas que non se apuntaran en edicións anteriores. Esta inscrición é telefónica, no 982 870 160.

Cantareiras

Cantareiras

O Museo do Pobo Galego co gallo da homenaxe das Letras Galegas 2025 ás cantareiras e á poesía popular oral presenta a exposición Cantareirasproducida polo propio museo.

Trátase dunha mostra que recompila materiais sonoros, procedentes dos fondos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, unha escolma de material gráfico e documental, así como pezas pertencentes á colección do Museo ou cedidas á institución para a ocasión.

Somos un Ribeiro diverso

Somos un Ribeiro diverso Mostra deseñada polo alumnado do colexio público de Ribadavia

Somos un Ribeiro diverso é un proxecto que conecta diversidades: a da colección etnolóxica e a da comunidade á que esta desexa representar. Os seus principais obxectivos son ampliar o foco, buscar novos relatos, repensar que son ou poden ser os obxectos museísticos e presentar a etnoloxía como unha vía para construír unha sociedade máis empática.

Presentación do catálogo "Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos (1987-1970)" no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Presentación do catálogo "Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos (1987-1970)" no Museo Etnolóxico de Ribadavia

O venres 4 de abril o Museo Etnolóxico de Ribadavia presentou o catálogo Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos (1987-1970), da exposición do mesmo nome, que estará aberta no Museo ata o 20 de abril. Unha mostra que quere dar a coñecer o traballo fotográfico da liñaxe composta por Francisco Llanos Mas, o seu fillo, Francisco Miguel Llanos Trápaga e o seu neto Ángel Llanos González.

Peza do mes: Máscara funeraria do padre Feijóo

Peza do mes: Máscara funeraria do padre Feijóo Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 9 de abril ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

De longa tradición histórica, dende o século XVIII renace a demanda de máscaras

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose Arqueoloxía da violencia

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, Alfredo González Ruibal será quen presente "Arqueoloxía da violencia: de guerras e outras agresións".

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose Sima del elefante (Atapuerca)

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, Xosé Pedro Rodríguez Álvarez e Arturo de Lombera Hermida serán quen presenten "Sima del elefante (Atapuerca) e o primeiro poboamento de Europa".

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Subscribirse a