Skip to main content

O Museo Massó comeza as actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos

O Museo Massó comeza as actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos

O Museo Massó de Bueu iniciou as actividades conmemorativas do Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio. Haberá visitas guiadas todos os domingos do mes e na fin de semana do 21 e 22 desenvolveranse un obradoiro didáctico e un percorrido pola antiga fábrica de salga de Mourisca. Trátase de propostas de balde e para todos os públicos.

O Museo das Peregrinacións presentou o catálogo da exposición "Destino"

O Museo das Peregrinacións presentou o catálogo da exposición "Destino"

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou o 20 de abril no Museo das Peregrinacións e de Santiago o catálogo da exposición fotográfica "Destino, unha peregrinación", de Manuel Valcárcel, nun acto no que tamén participou o propio artista, coñecido como Piro. Editada pola Xunta, a publicación fai perdurable no tempo a mostra inaugurada a finais do pasado ano e que remata o vindeiro 1 de maio.

A Xunta inicia a restauración da locomotora Sarita para a integración no Museo Camilo José Cela

A Xunta inicia a restauración da locomotora Sarita para a integración no Museo Camilo José Cela

A Xunta inicia estes días o proceso de rehabilitación da locomotora coñecida como Sarita, que se realizará nun prazo de catro meses. O obxectivo é integrar esta peza principal do Museo do Ferrocarril, que forma parte do Museo Camilo José Cela, na museografía exterior deste espazo situado na casa natal do Nobel galego, en Padrón. A iniciativa enmárcase no programa de accións conmemorativas promovidas polo Goberno galego co gallo do 20 aniversario do pasamento de Cela.

Preto de 1.200 escolares coñecen ata xuño o Museo do Castro de Viladonga

Preto de 1.200 escolares coñecen ata xuño o Museo do Castro de Viladonga

Preto de 1.200 escolares de 24 centros de ensino de infantil, primaria e secundaria participan ao longo deste semestre no programa de actividades didácticas deseñado polo Museo Castro de Viladonga, situado en Castro de Rei. A iniciativa impulsada pola Xunta inclúe visitas guiadas ao castro e ao museo, con apoio de fichas didácticas adaptadas aos distintos niveis educativos.

O Museo Massó recibiu as empresas interesadas na licitación da súa rehabilitación

O Museo Massó recibiu as empresas interesadas na licitación da súa rehabilitación

O pasado luns realizouse a visita informativa para os representantes dunha vintena de empresas e estudios de arquitectura, que mostraron o seu interese en optar ao contrato para a redacción do proxecto para rehabilitar parte do histórico museo. A obra, cuxo orzamento superará o millón de euros, centrarase en tres espazos: a nave na que se gardan as embarcacións tradicionais, a antiga Salgadura Piñeiro e a futura Sala Urbano Lugrís.

Santiago. Peregrinación, cidade, escola

Santiago. Peregrinación, cidade, escola Co gallo das celebracións do Xacobeo 2021-2022 póñense en valor pezas do ámbito docente dende outra perspectiva.

Dende o 28 de decembro de 2021 o Museo Pedagóxico de Galicia acolle a exposición "Santiago. Peregrinación, cidade, escola", amosando as relacións entre a escola, o fenómeno xacobeo e a cidade de Compostela.

A mostra presenta unha escolma de máis de 70 pezas, na súa maioría procedente de centros educativos, que forman parte do fondo do Museo Pedagóxico de Galicia na actualidade, articuladas en torno a dous eixes principais:

Buen Gobierno. Sandra Gamarra Heshiki

Buen Gobierno. Sandra Gamarra Heshiki

O proxecto toma o seu título do manuscrito “Primera Crónica y Buen Gobierno”, redactado en español cara a 1616, no Perú, polo cronista amerindio Felipe Guamán Poma de Ayala. Este documento foi realizado para lle enviar ao entón rei de España Felipe III e o seu obxectivo era retratar a realidade andina colonial e solicitarlle á Coroa española unha reforma do goberno virreinal para salvar o pobo andino da explotación, das enfermidades e das mesturas raciais, como sinónimo da desaparición da cultura autóctona.

Suso Fandiño. Wunderkammer

Suso Fandiño. Wunderkammer

En 1952 André Malraux publica Le Musée imaginaire de la sculpture mondiale, un texto capital na historiografía da arte do século XX, relegado ao segundo plano pola preeminencia dos discursos estéticos posmodernos derivados do situacionismo francés. Malraux antecedía neste texto unha forma de concibir a Historia da Arte como disciplina aberta, na que a historia dos estilos se desdebuxa en favor dun entendemento cruzado, co que se abre lugar ás conexións indebidas, múltiples e baseadas nos afectos e as subxectividades.

Subscribe to