Skip to main content

Inaugurada en Viladonga a mostra sobre o patrimonio cultural e natural da Vía Rexia

Inaugurada en Viladonga a mostra sobre o patrimonio cultural e natural da Vía Rexia

Con este acto iníciase o 50 aniversario das escavacións no castro.

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou onte a exposición "Itinerario do Camiño Real do Norte. Do Castro de Viladonga a Lugo", a nova mostra coa que a Xunta de Galicia divulga o patrimonio cultural e natural do itinerario coñecido como Vía Rexia, coincidindo co 50 aniversario do inicio das escavacións no castro.

Publicada no DOG a Lei de museos e outros centros museísticos de Galicia

Publicada no DOG a Lei de museos e outros centros museísticos de Galicia

A Lei 7/2021, de 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia publicouse no Diario Oficial de Galicia do 25 de febreiro. É a primeira lei galega que regulará de forma autónoma e independente o ámbito dos museos, outorgándolle a estas institucións todo o protagonismo e a relevancia que merecen, e daralles un impulso como xeradores de coñecemento e de riqueza.

 

50 anos de escavacións no Castro de Viladonga (1971-2021)

50 anos de escavacións no Castro de Viladonga (1971-2021)

O Castro de Viladonga, declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia no ano 2009, destaca na paisaxe da Terra Chá lucense.

Para conmemorar estes 50 anos de escavacións, o Museo inaugurará ao longo deste ano unha exposición que amosará os traballos de escavación, consolidación e investigación realizados durante este tempo.

Os traxes de entroido das comparsas de Marín

Os traxes de entroido das comparsas de Marín

Mostra de traxes de entroido dalgunhas das comparsas máis emblemáticas do concello de Marín.

Trátase dunha pequena mostra de traxes de entroido dalgunhas das comparsas máis emblemáticas do concello de Marín: "Os da Caña", "Paparrulos", "Os de San Xulián", "Os de Sempre" e "Ateneo Santa Cecilia". Debido á imposibilidade de facer desfiles como consecuencia da COVID-19, invitamos ás comparsas a que trouxeran parte do seu espírito trouleiro ao museo para que a xente poida ver de cerca o laborioso traballo artesanal que comporta a elaboración dos traxes.

O itinerario do Camiño Real do Norte. Do Castro de Viladonga a Lugo

O itinerario do Camiño Real do Norte. Do Castro de Viladonga a Lugo

A exposición “O itinerario do Camiño Real do Norte. Do Castro de Viladonga a Lugo” estará aberta ao público dende o 4 de marzo ata o 30 de novembro.

O itinerario que foi rexistrado como Vía Rexia do Norte transcorre pola costa norte, dende o Cantábrico, ao través das terras que conforman a cunca do río Eo, A Veiga do Eo e a vella ponte de Abres, ata a ponte da Chanca (Lugo), onde se une co camiño primitivo.

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a "Peza do mes" de febreiro

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a "Peza do mes" de febreiro

Como cada mes, o museo escolle algunha peza de entre os seus fondos –neste caso, dos arqueolóxicos– para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións etc., e reforzar así o seu valor.

Peche temporal dos museos de titularidade e xestión autonómicas

Peche temporal dos museos de titularidade e xestión autonómicas

Os museos de titularidade e xestión autonómicas permanecerán pechados ao público dende o 27 de  xaneiro ata o 17 de febreiro de 2021 en aplicación da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 16-Bis. Martes 26 de xaneiro de 2021. Páx. 4683).

Estes museos continuarán o seu labor de difusión cultural por medio das súas páxinas web e das súas redes sociais.

Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela

Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela

O venres 22 de xaneiro ás 18 horas preséntanse a exposición, o cómic e o espectáculo de teatro con marionetas e música "Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela", da compañía compostelá Os monicreques de Kukas, dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Don Gaiferos de Mormaltán é o protagonista do romance popularizado por Faustino Santalices, que narra a viaxe deste peregrino francés ata a súa morte aos pés do apóstolo Santiago.

Subscribe to