Skip to main content

A Casa da Navegación de Baiona presenta o catálogo virtual "Entre todos abrimos o museo"

A Casa da Navegación de Baiona presenta o catálogo virtual "Entre todos abrimos o museo"

A Casa da Navegación de Baiona vén de presentar o catálogo virtual Entre todos abrimos o museo. Este catálogo recolle a actividade realizada durante o período de confinamento con motivo da pandemia pola COVID-19, coa colaboración do público voluntario.

Aproveitando as tecnoloxías e as redes sociais, o museo puxo en marcha un proxecto co que buscaba crear un museo virtual propio con eses obxectos que temos na casa e que para cada persoa teñen un significado especial.

Presentación del libro "Epistolario. Cuevillas y sus contemporáneos"

Presentación del libro "Epistolario. Cuevillas y sus contemporáneos"

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por medio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, con motivo de celebrarse este ano o centenario de Nós, publica o libro Epistolario. Cuevillas e os seus contemporáneos, no que se recolle a correspondencia que mantivo Florentino López Cuevillas, entre os anos 1925 e 1958, con diferentes persoeiros do mundo da cultura, da ciencia ou da política, entre os que destacan Henri Breuil, Adolf Schulten, Pero Bosch Gimpera ou Castelao.

Aprobado no Consello da Xunta o proxecto de lei de museos e centros museísticos de Galicia

Aprobado no Consello da Xunta o proxecto de lei de museos e centros museísticos de Galicia

Trátase dun paso máis cara á súa aprobación definitiva.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a Xunta dá un paso máis no calendario lexislativo coa aprobación no Consello do 24 de setembro de tres proxectos de lei: en materia de acción exterior, residuos e museos.

En canto ao proxecto de lei de museos e centros museísticos de Galicia, Feijóo valorou que se trata dunha “lei innovadora”, que busca crear “unha rede de museos do país” e “poñer en valor” os fondos e coleccións.

O viño nos Camiños de Santiago

O viño nos Camiños de Santiago Percorrido polas relacións no tempo entre as rutas xacobeas e o viño.

O Museo do Viño de Galicia inaugura a súa primeira exposición temporal. De produción propia, consiste nun percorrido polas diferentes pegadas que a cultura do viño ten deixado na súa interacción co Camiño de Santiago.

Con esta exposición, o Museo do Viño de Galicia pretende difundir a relación de longa duración entre o viño e as rutas xacobeas. O obxectivo é difundir a presenza do viño no Camiño de Santiago ao longo do tempo, a través de referencias mobles, literarias, gastronómicas etc., así como nos diversos ámbitos, doméstico, monacal, social...

Presentado o proxecto Memorias da melancolía e programado un concerto para o día 20

Presentado o proxecto Memorias da melancolía e programado un concerto para o día 20

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou onte no Museo Belas Artes da Coruña o proxecto Memorias da melancolía, unha iniciativa recollida no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 cuxo obxectivo é conectar a obra literaria de María Teresa León co legado vital de Maruxa Seoane a través de actuacións musicais.

Inauguración dunha exposición fotográfica no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Inauguración dunha exposición fotográfica no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Onte martes 4 de agosto, inaugurouse "Antropoloxía visual dunha sociedade confinada" unha nova exposición no Museo Etnolóxico, en Ribadavia. Tal como indica o seu nome, o seu fío condutor non é outro que a recente crise sanitaria que supuxo un cambio nas vidas de todos nós. Tamén a pandemia da COVID-19 é referencia para esta mostra, pois é a primeira que se abre ao público neste museo tras o período de confinamento, un intento como outros de recuperar a ansiada “normalidade” voltando aos espazos públicos.

Presentación do libro “As arquitecturas históricas do viño”

Presentación do libro “As arquitecturas históricas do viño”

Presentado no Museo do Viño de Galicia, que celebra con esta publicación o seu primeiro ano de existencia.

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo, acompañado do director do Museo do Viño de Galicia, César Llana, presentou onte, 5 de agosto, o libro “As arquitecturas históricas do viño”.

Remate da campaña de escavacións no Castro de Viladonga

Remate da campaña de escavacións no Castro de Viladonga

A semana pasada remataron as escavacións arqueolóxicas no castro, correspondentes ao período 2019-2020.

Nesta campaña levouse a cabo a recuperación e consolidación de parte das estruturas do sector nordés, así como a consolidación do pozo-alxibe descuberto na campaña anterior.

Toda a información sobre esta campaña pódese seguir a través do blog que a empresa Terra Arqueos, responsable das escavacións, xerou para a súa difusión: https://castroviladonga19.blogspot.com.

Oito profesionais participarán este ano nas bolsas da Xunta para actividades formativas en museos

Oito profesionais participarán este ano nas bolsas da Xunta para actividades formativas en museos

O Diario Oficial de Galicia do 13 de xullo publicou a listaxe dos/as beneficiarios/as das bolsas para actividades formativas nos museos de titularidade ou xestión autonómica. Trátase dunha iniciativa impulsada desde o Goberno galego que conta cunha dotación de máis de 45.000 euros, na que participan oito profesionais que, durante un mínimo de seis meses, desenvolverán actividades relacionadas cos procesos técnicos que se realizan nestas dotacións culturais de xestión autonómica.

Subscribe to