Ir o contido principal

Casa da Navegación

Casa da Navegación

O museo

Situada no casco histórico de Baiona, na coñecida Casa Carvajal, a Casa da Navegación de Baiona é unha institución municipal que alberga unha colección que mostra a evolución histórica, urbana e social da Real Vila, destacando as privilexiadas relacións comerciais que mantivo con Europa e América e o papel transcendental que xogou seu porto na historia da navegación atlántica.

Esta colección permítenos coñecer e afondar no noso legado histórico a través da exposición de fondos propios, documentos antigos que atesoura seu arquivo histórico, facsímiles de documentos relacionados coa vila, depositados e custodiados noutras institucións museísticas, pezas recuperadas procedentes das intervencións arqueolóxicas e subacuáticas no termo municipal de Baiona e a súa liña costeira, e da cesión de pezas, documentos e portulanos pertencentes á coleccións particulares.

A exposición está distribuída en catro áreas temáticas e trece módulos. A planta baixa está dedicada á contextualización xeográfica e á orixe e evolución da vila. A primeira planta estrutúrase noutros dous ámbitos: o porto e seus significados social, urbana e histórica, a arte e perigos da navegación con referencia a pecios e afundimentos.

Horario

Aberto de mércores a domingo
Inverno (outubro a maio): 10:30 a 13:30 h / 16 a 19 h.
Verán (xuño a setembro):10 a 14 h / 18 a 21 h.
Cerrado o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.


Tarifas

Tarifa xeral: 2 €
Tarifa combinada Casa de la Navegación e Carabela Pinta: 3 €
Tarifa reducida: grupos escolares/estudantes (+15) acompañados de titor/profesor; titulares de carné xove; pensionistas; membros de familia numerosa (previa presentación do documento acreditativo correspondente): 50% de desconto.
Tarifa gratuíta: menores de 6 anos; persoas con discapacidade; persoal docente e guías oficiais de turismo (previa presentación do documento acreditativo correspondente).
Entrada libre: Día Internacional dos Museos (18 de maio) e Día do Turista.