Skip to main content

Viae ad limina Sancti Iacobi

Viae ad limina Sancti Iacobi Colección de Chencho Pardo Valdés

A mostra ‘Viae ad limina Sancti Iacobi’ está composta por máis de 40 debuxos, do artista Chencho Pardo Valdés, nos que se amosan cidades e vilas galegas que forman parte da rutas xacobeas. Pode visitarse no Museo das Peregrinacións e de Santiago, cos horarios e precaucións establecidas, que se poden consultar aquí.

Os museos da Xunta de Galicia reabren ao público

Os museos da Xunta de Galicia reabren ao público

Os museos da Xunta de Galicia xa poden ser visitados, despois desta longa etapa por mor da epidemia da COVID-19, na que se puido acceder aos museos tan só de xeito virtual. As propostas a través das súas webs e as redes sociais continuarán a diario, nun esforzo por seguir compartindo.

Para as visitas hai que facer uso das novas normas e condicións de acceso. A visita está regulada atendendo ás normas preventivas e de seguridade, adecuadas para protexer a saúde e evitar contaxios.

Nova ampliación da exposición de Luís Seoane ata o mes de setembro

Nova ampliación da exposición de Luís Seoane ata o mes de setembro

A exposición Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane, que ía rematar a comezos do mes de marzo, ampliárase ata o 10 de maio debido ao éxito de visitantes. Con motivo da crise sanitaria xerada pola COVID-19, o Museo tivo que pechar as súas portas ao público. Durante este tempo, o persoal do Museo estivo a traballar para que a exposición se puidese desfrutar virtualmente e para poder ampliar a duración da mostra. A exposición poderá visitarse de novo presencialmente ata o vindeiro mes de setembro.

Balance da MuseumWeek 2020

Balance da MuseumWeek 2020

#aculturasegue #MuseumWeek

A MuseumWeek celebrouse a nivel mundial na semana previa á conmemoración do Día Internacional dos Museos (18 de maio). Este ano, a organización do evento elixiu como lema Togetherness (Tod@s xunt@s), motivo que cobra especial relevancia na situación de emerxencia sanitaria que vivimos a nivel mundial. Ante a crise sanitaria vinculada ao coronavirus reforzouse o desexo de promover esta mensaxe universal, e a MuseumWeek foi un apoio para as poboacións confinadas e para quen loita contra esta enfermidade.

A Xunta convida á reflexión sobre os desafíos da cultura na era posCOVID-19 a través dunha serie de foros on line con expertos

A Xunta convida á reflexión sobre os desafíos da cultura na era posCOVID-19 a través dunha serie de foros on line con expertos

A Xunta de Galicia vén de pór en marcha os Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era posCOVID-19. Trátase dunha serie de encontros on line –en formato webinario– con especialistas procedentes de distintos campos das industrias culturais e creativas, co obxectivo de convidar á reflexión e á análise dos retos aos que se enfronta o sector no panorama actual, marcado pola emerxencia sanitaria e o seu impacto no ámbito cultural.

A Xunta presenta o Plan de reactivación cultural autonómico como un motor para o sector no horizonte próximo

A Xunta presenta o Plan de reactivación cultural autonómico como un motor para o sector no horizonte próximo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado do seu equipo e membros do Igape, presentou este xoves a través dun webinar no que se inscribiron máis de 600 profesionais e axentes do sector cultural o Plan de reactivación do sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19. Un proxecto pioneiro no ámbito autonómico que foi aprobado no Consello da Xunta que se porá en marcha este mesmo mes de maio.

Subscribe to