Skip to main content

Camiño ComPostal

Camiño ComPostal

Mostra sobre a representación do Camiño nas postais históricas.

A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) presenta no museo unha pequena exposición con postais antigas que recollen motivos relacionados co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. Comisariada por José M. Salgado, encádrase dentro do programa O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia.

Museum of (the hermit) Man

Museum of (the hermit) Man

Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936 - Camariñas, 2002) better known as Man de Camelle, was portrayed for decades by the press as an extravagant character, preventing us from looking beyond and acknowledging the true artistic dimension of his life and work. Man was a multi-faceted creator who carried out all his work in Camelle (Camariñas), completely isolated from the mainstream art world.

Presentación pública do catálogo da colección Abrente do Museo Etnolóxico de Ribadavia

Presentación pública do catálogo da colección Abrente do Museo Etnolóxico de Ribadavia

O 21 de febreiro tivo lugar no Museo Etnolóxico de Ribadavia a presentación do catálogo Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos 70. O acto contou coa presenza de Sabela Fraga Costa, comisaria e autora dos textos, e Juan Venditti, deseñador do catálogo.

Ademais, ese día inaugurouse a segunda fase da exposición desta agrupación cultural, cuxa colección contén 58 obras dun total de 29 autores.

O Museo de Belas Artes acolle o catálogo Luís Seoane

O Museo de Belas Artes acolle o catálogo Luís Seoane

Anxo M. Lorenzo destaca a importancia do legado de Luís Seoane na presentación do catálogo que recolle as súas obras.

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou o 20 de febreiro o catálogo Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane, unha publicación que recolle as obras da grande exposición que a institución cultural dedica a este polifacético pintor e que permanecerá aberta ata o 8 de marzo.

Crebas

Crebas

Francesc Torres (Barcelona, 1948) é amplamente recoñecido como un dos referentes históricos da instalación multimedia, membro da primeira xeración de instaladores xurdida no contexto artístico norteamericano na primeira metade dos anos setenta. A súa experiencia vital e artística levoulle vivir a medio camiño entre Barcelona e Nova York, e nos últimos vinte anos estableceu un forte vínculo con Galicia, pasando varias tempadas na Costa da Morte.

Do paínzo ao millo: os mil grans

Do paínzo ao millo: os mil grans Museo Liste de Vigo

Mostra temporal composta por preto de 50 pezas coas que coñecer parte da historia alimentaria de Galicia a través do millo.

Catro bloques enriquecen esta viaxe a través do gran:

  • a historia da planta coas diversas variedades dela que existen (branco, pego ou corvo…)
  • o pan
  • os múltiples usos e recursos do millo
  • os exemplos de arquitectura adxectiva con el relacionada

 

Lugar: sala didáctica “O devir das estacións”.

Programación do Museo Liste de Vigo para o primeiro trimestre do ano 2020

Programación do Museo Liste de Vigo para o primeiro trimestre do ano 2020

O Museo Liste de Vigo vén de facer pública a súa programación de visitas, exposicións e actividades educativas que terán lugar de xaneiro a marzo deste ano.

Este museo etnográfico, que recolle o legado de Olimpio Liste Regueiro no eido da etnografía, ofrece unha visión globalizadora do patrimonio etnográfico galego. Conta con salas de exposición permanente, distribuídas en tres plantas, nas que descubrir anacos da nosa historia: arte tecido, o escultor da madeira, a cultura do centeo, a simboloxía dos oficios artesáns, a materialidade da fe ou a arte de curar.

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a "Peza do mes" correspondente ao mes de xaneiro do 2021

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a "Peza do mes" correspondente ao mes de xaneiro do 2021

Como todos os meses, o museo escolle unha peza ou obra para darlle máis visibilidade e tratala de xeito singularizado a través dunha edición virtual na que unha persoa especialista ou investigadora dá a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza ou obra escollida.

A peza protagonista que inaugura o 2021 procede do xacemento galaico-romano do Monte do Señoriño (Armea, Santa Mariña de Augas Santas, concello de Allariz), que forma parte do recentemente nomeado como conxunto arqueolóxico-histórico de Armea.

A mesa farta. Etnoloxía e cultura alimentaria en Galicia

A mesa farta. Etnoloxía e cultura alimentaria en Galicia Museo Liste de Vigo

Escolma de pezas procedentes do Museo Liste de Oseira e de diversas coleccións particulares.

Os obxectos distribúense en oito recantos que dan conta do seu significado e uso, reflectindo a evolución da cultura alimentaria en Galicia e a dos obxectos vencellados a ela nos séculos XIX e XX.

1º recanto: as bebidas.

2º recanto: a preparación dos alimentos.

3º recanto: complementos esporádicos: caza e pesca.

4º recanto: a horta.

5º recanto: o servizo de mesa.

6º recanto: a infancia.

A Comunidade Autónoma de Galicia, membro activo do Consello Asesor do Observatorio de Museos de España

A Comunidade Autónoma de Galicia, membro activo do Consello Asesor do Observatorio de Museos de España

A Consellería de Cultura e Turismo participou na segunda xuntanza do Consello Asesor do Observatorio de Museos de España (OME) que se levou a cabo o 16 de decembro de 2019 no Museo de América, en Madrid.

Subscribe to