Do paínzo ao millo: os mil grans Museo Liste de Vigo
Mostra temporal composta por preto de 50 pezas coas que coñecer parte da historia alimentaria de Galicia a través do millo.
Catro bloques enriquecen esta viaxe a través do gran:
- a historia da planta coas diversas variedades dela que existen (branco, pego ou corvo…)
- o pan
- os múltiples usos e recursos do millo
- os exemplos de arquitectura adxectiva con el relacionada
Lugar: sala didáctica “O devir das estacións”.