Skip to main content

O Museo das Peregrinacións recupera e actualiza a obra de Sucasas sobre o Xacobeo nunha nova exposición

O Museo das Peregrinacións recupera e actualiza a obra de Sucasas sobre o Xacobeo nunha nova exposición

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou o pasado venres no Museo das Peregrinacións e de Santiago a exposición "Alfonso Sucasas. Camiño e mitoloxía", que recupera e actualiza a obra do artista lalinense sobre o fenómeno xacobeo coa que o museo pecha a súa programación expositiva deste dobre Ano Santo.

O Arqueolóxico de Ourense leva á sala de Afundación unha nova exposición con preto dun cento de pezas representativas da cultura castrexa

O Arqueolóxico de Ourense leva á sala de Afundación unha nova exposición con preto dun cento de pezas representativas da cultura castrexa

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o pasado venres na Sala de exposicións Afundación a nova mostra "Plástica castrexa" coa que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense recompila preto dun cento de pezas representativas da cultura castrexa para divulgar a súa pegada en Galicia.

Plástica castrexa

Plástica castrexa

A cultura castrexa, como manifestación autóctona do noroeste peninsular, no marco da Idade do Ferro europea, abrangue un período de case mil anos, desde os seus inicios ao final da Idade do Bronce, arredor do século VIII a. C., ata a plena implantación romana no século II d. C.

Alfonso Sucasas. Camiño e mitoloxía

Alfonso Sucasas. Camiño e mitoloxía

Rememorando as exposicións que Alfonso Sucasas realizou durante o Ano Xacobeo 93, baseadas nunha serie de obras inspiradas na historia de Compostela e no Camiño de Santiago, que dan lugar a unha ampla colección integrada por debuxos e pinturas, algunhas de gran formato, como o Tríptico de Adán e Eva, Pecados capitais ou Santiago Peregrino, propiedade da Xunta de Galicia, presentamos unha mostra que recupera ese momento do artista e o contextualiza no Ano Xacobeo 22, actualizando a mensaxe,

A Xunta pecha o ciclo de conferencias sobre María Casares coa intervención de Pedro Soler e María Delgado

A Xunta pecha o ciclo de conferencias sobre María Casares coa intervención de Pedro Soler e María Delgado

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou onte na última sesión do ciclo "María Casares. Do exilio ao escenario", organizado pola Xunta de Galicia con motivo do centenario do nacemento da actriz. A actividade culminou a tarde do martes no Museo de Belas Artes da Coruña coa intervención do músico Pedro Soler, que acompañou a María Casares en varias das súas producións, e da catedrática María Delgado, autora e coeditora dunha ducia de libros sobre a historia do teatro español a través de artistas como María Casares.

Nova convocatoria das bolsas Xunta de Galicia/Fulbright para ampliar estudos artísticos nos Estados Unidos

Nova convocatoria das bolsas Xunta de Galicia/Fulbright para ampliar estudos artísticos nos Estados Unidos

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América convocan 5 bolsas para a ampliación de estudos artísticos nos Estados Unidos en calquera especialidade ou área de actividade artísticas, incluídas pero non limitadas a: artes audiovisuais; artes escénicas; artes plásticas e visuais; música e musicoloxía; museoloxía e conservación do patrimonio; e xestión cultural.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia conecta co Museo Nacional de Artes Decorativas Populares de Kiev

O Museo Etnolóxico de Ribadavia conecta co Museo Nacional de Artes Decorativas Populares de Kiev

Co gallo do Día dos Museos, o 18 de maio de 2022 o ICOM escolleu o lema O poder dos museos para festexalo. Querendo unirse á celebración, e entendendo que un dos poderes dos museos é o de conectar persoas e culturas, o Museo Etnolóxico de Ribadavia decidiu contactar co Museo Nacional de Artes Decorativas Populares de Kiev (Ucrania).

Dende o primeiro correo, no que se invitaba ao equipo ucraíno a quedar co Museo Etnolóxico de Ribadavia no espazo común que xera Internet, comezou a desenvolverse unha relación na que aprender doutra cultura e reflexionar sobre a propia.

Conmemoración do Día Internacional do Patrimonio Mundial

Conmemoración do Día Internacional do Patrimonio Mundial

O 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial para protexer e preservar todos os sitios naturais e culturais do mundo.

Con este motivo, o Museo Etnolóxico de Ribadavia amósanos unha peza conservada no museo pertencente á nosa cultura tradicional. Trátase dunha mazadeira do leite, que se empregaba antigamente nos fogares para elaborar a manteiga. Para falarnos deste curioso obxecto o persoal do museo elaborou un vídeo que podedes ver premendo sobre a seguinte ligazón:

Comunicado do ICOM España relativo aos actos vandálicos padecidos polos museos

Comunicado do ICOM España relativo aos actos vandálicos padecidos polos museos

O Comité Executivo do Consello Internacional de museos, ICOM España, solidarízase co Museo do Prado e con todos os museos que sufriron actos de vandalismo baixo supostas reivindicacións contra o cambio climático. Condenamos esas accións que só son vandalismo contra un patrimonio que é de toda a comunidade, e que ademais alteran o normal desenvolvemento dun museo, dando unha falsa imaxe de espazos inseguros e institucións insolidarias.

Subscribe to