Skip to main content

Alfonso Sucasas. Camiño e mitoloxía

Rememorando as exposicións que Alfonso Sucasas realizou durante o Ano Xacobeo 93, baseadas nunha serie de obras inspiradas na historia de Compostela e no Camiño de Santiago, que dan lugar a unha ampla colección integrada por debuxos e pinturas, algunhas de gran formato, como o Tríptico de Adán e Eva, Pecados capitais ou Santiago Peregrino, propiedade da Xunta de Galicia, presentamos unha mostra que recupera ese momento do artista e o contextualiza no Ano Xacobeo 22, actualizando a mensaxe,

Alfonso Sucasas estivo durante un ano centrado na creación desas obras, nas que se inclúen bosquexos preparatorios e que finalizou en marzo do 93. O tema foi de enorme interese para o artista e por ese motivo non chegou a abandonar nos anos seguintes ese fío argumental. Do seu taller saíron novas realizacións que fixeron que o proxecto inicial crecese. O Camiño de Santiago que vertebra a Galicia con Europa, verdadeiro eixo de integración cultural, foi abordado desde outros puntos de vista que se refiren á paisaxe, á xeografía do camiño, ás xentes e aos peregrinos no seu camiñar cara a Compostela.

A exposición conta con 56 obras: pinturas, debuxos, bosquexos e documentos.