Skip to main content

A Xunta de Galicia licita a ampliación do Museo Massó de Bueu

A Xunta de Galicia licita a ampliación do Museo Massó de Bueu

O prazo para a presentación de ofertas remata o 27 de marzo.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades abre o prazo de licitación e adxudicación das obras de ampliación do Museo Massó de Bueu, cun presuposto de 1.117.143 euros e que contará co financiamento dos fondos Next Generation da Unión Europea (UE). As empresas interesadas en optar a este contrato teñen de prazo ata as 14.00 horas do próximo 27 de marzo para presentar as súas ofertas, tal como se recolle na plataforma de contratación Contratos Públicos de Galicia.

O MDPS en clave de xénero

O MDPS en clave de xénero

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller do 8 de marzo de 2023, o Museo das Peregrinacións e de Santiago publica unha nova exposición virtual na que se analiza unha selección de fondos en clave de xénero.

A exposición está dividida en diversas seccións temáticas desde un variado enfoque de análise: fondos vinculados a mulleres peregrinas, producións artísticas autoría de mulleres e unha selección de obras que responden a diversas perspectivas históricas cunha formulación de xénero.

A Xunta apoia unha vintena de concellos e entidades para a conservación e o impulso dos seus museos

A Xunta apoia unha vintena de concellos e entidades para a conservación e o impulso dos seus museos

A Xunta de Galicia apoia este ano un total de 21 concellos e entidades sen fins de lucro para a conservación e a mellora dos seus centros museísticos públicos e privados, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia. A medida enmárcase no Plan Xeración Cultura, a folla de ruta dotada de 34M€ coa que o Goberno autonómico achega de ferramentas aos axentes culturais para, entre outros obxectivos, mellorar e impulsar o legado e as infraestruturas culturais.

A Xunta celebrará os 30 anos do CGAC con medio centenar de actividades

A Xunta celebrará os 30 anos do CGAC con medio centenar de actividades

A Xunta de Galicia celebrará o 30 aniversario do CGAC cun amplo programa composto por medio centenar de actividades. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, quen destacou que se trata dunha proposta que servirá para dar proba da importancia deste museo no sector cultural.

A Fundación Camilo José Cela homenaxea a Picasso nunha exposición que repasa a amizade entre o escritor e o pintor

A Fundación Camilo José Cela homenaxea a Picasso nunha exposición que repasa a amizade entre o escritor e o pintor

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou a exposición "Picasso vivo. O legado picassiano de Camilo José Cela", a nova mostra coa que a Xunta repasa a historia de amizade que viviron Cela e Picasso a través dunha colección de máis de 40 pezas entre documentos, textos, obras de arte e distintos utensilios que se agasallaron entre eles.

A Xunta apoia a programación do Museo de Artes de Ribeira co gallo do 50 aniversario do pasamento de Picasso

A Xunta apoia a programación do Museo de Artes de Ribeira co gallo do 50 aniversario do pasamento de Picasso

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da programación do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital co gallo do 50 aniversario do pasamento de Picasso. Serán tres mostras que contan co apoio da Xunta de Galicia e que se desenvolverán neste espazo ata o mes de outubro.

O obxectivo é, en palabras do representante da Xunta, “poñer en valor a obra do pintor que custodia este museo e renderlle homenaxe nesta efeméride tanto a través dos seus propios linogravados como da obra de artistas como Manuel Ayaso ou Alfonso Costa”.

Inaugurada unha mostra do IES Ramón Menéndez Pidal organizada co Museo de Belas Artes

Inaugurada unha mostra do IES Ramón Menéndez Pidal organizada co Museo de Belas Artes

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na inauguración da exposición "Os nosos ollos" realizada polos alumnos e as alumnas do IES Ramón Menéndez Pidal en colaboración co Museo de Belas Artes. Os/as escolares expoñen réplicas das obras do museo seleccionadas por eles/as, coa interpretación das mesmas, actuando como comisarios/as da mostra.

A Xunta reivindica a influencia galega na obra de Picasso na grande exposición que inaugurará en marzo

A Xunta reivindica a influencia galega na obra de Picasso na grande exposición que inaugurará en marzo

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou aos medios galegos no Museo de Belas Artes da Coruña "Picasso. Branco no recordo azul", a grande exposición coa que a Xunta reivindica a pegada galega na traxectoria do artista a través dunha escolma de 120 pezas, moitas delas representativas do seu período de formación na Coruña e da súa etapa de madurez e consagración.

O Etnolóxico de Ribadavia colabora na recuperación do forno de cal de Santo Adrán de Cobres

O Etnolóxico de Ribadavia colabora na recuperación do forno de cal de Santo Adrán de Cobres

Este traballo de recuperación é froito da vontade conxunta do Museo Etnolóxico de Ribadavia e do CPI Toural de Vilaboa (Pontevedra) de colaborar nun plan de estudo e recuperación deste ben patrimonial encamiñado á participación da comunidade educativa, ofrecéndolle a posibilidade de explorar dentro e fóra das aulas certas chaves relevantes sobre a construción da identidade colectiva local.

Subscribe to