Skip to main content

Román Rodríguez reivindica o valor literario dos irmáns Camba na inauguración da nova exposición da Casa-Museo

Román Rodríguez reivindica o valor literario dos irmáns Camba na inauguración da nova exposición da Casa-Museo

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou onte a Casa-Museo Irmáns Camba, en Vilanova de Arousa, onde o Concello vén de renovar a exposición a través dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase dun acordo dotado con case 55.000€ que se asinou no marco do 60 aniversario do falecemento de Julio Camba e que permite incorporar ao relato expositivo as últimas doazóns de libros, cartas, fotografías e documentos persoais dos irmáns Camba feitas pola familia Pombo.

O Museo da Historia e a biblioteca de Valga estrean instalacións renovadas grazas a un investimento de 90.000€ da Xunta

O Museo da Historia e a biblioteca de Valga estrean instalacións renovadas grazas a un investimento de 90.000€ da Xunta

O Concello de Valga vén de renovar dúas das súas instalacións culturais máis emblemáticas, o Museo da Historia e a súa biblioteca municipal, ao abeiro dun investimento de 90.000 euros por parte da Xunta de Galicia.

A Xunta consolida o seu apoio ao Museo do Pobo Galego cunha achega de 451.800 € en 2023

A Xunta consolida o seu apoio ao Museo do Pobo Galego cunha achega de 451.800 € en 2023

A Xunta de Galicia consolida o seu apoio ao Museo do Pobo Galego cunha achega de 451.800 € para este ano que se materializan a través dun convenio de colaboración asinado o 24 de marzo entre o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a presidenta do Padroado do propio museo, Concha Losada.

Picasso. Branco no recordo azul

Picasso. Branco no recordo azul Celebración do ano de Picasso. Cincuenta aniversario da súa morte. 1973-2023

Con motivo do cincuenta aniversario da morte de Pablo Picasso o 8 de abril de 2023, e no marco da Celebración Picasso 1973-2023, organizada conxuntamente polo Estado español e o Estado francés nos principais museos das cidades picassianas, a Xunta de Galicia promove esta exposición monográfica no Museo de Belas Artes da Coruña: "Picasso. Branco no recordo azul. Debuxando o futuro".

A Xunta arroupará con máis de 50 actividades a exposición "Picasso. Branco no recordo azul"

A Xunta arroupará con máis de 50 actividades a exposición "Picasso. Branco no recordo azul"

A Xunta de Galicia arroupará con máis de medio cento de actividades paralelas a gran exposición "Picasso. Branco no recordo azul" que se inaugurará este xoves no Museo de Belas Artes da Coruña e coa que reivindica a pegada galega na traxectoria do artista.

Patriarcadas revirad@s

Patriarcadas revirad@s

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, o Museo Massó organizou unha exposición virtual dos carteis deseñados polo alumnado do IES Illa de Ons de Bueu para fomentar a promoción da igualdade na contorna escolar.

Responsables de museos picassianos de España e Francia reuniranse o día 24 no Museo de Belas Artes

Responsables de museos picassianos de España e Francia reuniranse o día 24 no Museo de Belas Artes

Reputados/as expertos/as e responsables de museos picassianos de España e Francia recalarán o vindeiro venres 24 de marzo no Museo de Belas Artes da Coruña para participar na "Xornada Picassiana. Os museos como centros de investigación", unha iniciativa da Xunta de Galicia deseñada e coordinada polo equipo técnico do museo na que ofrecerán novas perspectivas da obra e traxectoria do pintor, como os seus vínculos coa arte alemá, o proceso creativo da súa etapa de mocidade, a súa formación literaria ou o seu paso pola Escola de Belas Artes da Coruña.

As 68 obras para a exposición de Picasso xa están no Museo de Belas Artes

As 68 obras para a exposición de Picasso xa están no Museo de Belas Artes

A exposición "Picasso. Branco no recordo azul", coa que a Xunta de Galicia reivindica a pegada galega na traxectoria do artista, ultima a súa montaxe no Museo de Belas Artes da Coruña antes da súa inauguración o vindeiro xoves 23 de marzo. As 68 obras do artista xa están nas instalacións museísticas logo da súa chegada ao longo dos últimos días.

Subscribe to