Skip to main content

Educación, Xénero e Lectura

Educación, Xénero e Lectura

A mostra pretende amosar realidades, imaxes e representacións dun pasado-presente da educación, particularmente, das nenas e mulleres: entre os estereotipos e as discriminacións que trazaron modos de ensinar e aprender -nas escolas, nas familias e nas comunidades- sustentados en valores, comportamentos etc. e as oportunidades que teñen permitido superalos pola consciente procura da coeducación, a equidade, a inclusión e o máis pleno respecto ás diversidades que nos caracterizan.

Román Rodríguez anima á cidadanía a gozar da exposición dedicada a Picasso

Román Rodríguez anima á cidadanía a gozar da exposición dedicada a Picasso

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, animou o pasado 18 de maio a cidadanía a gozar da nosa cultura co gallo do Día Internacional dos Museos e, de xeito particular, a achegarse á exposición "Picasso. Branco no recordo azul", que pode visitarse ata finais de xuño no Museo de Belas Artes da Coruña.

O Museo de Artes de Ribeira inaugura unha mostra dos artistas Manuel Ayaso e Alfonso Costa na que recrean os estilos de Picasso

O Museo de Artes de Ribeira inaugura unha mostra dos artistas Manuel Ayaso e Alfonso Costa na que recrean os estilos de Picasso

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou o 12 de maio en Ribeira na inauguración dunha mostra dos artistas barbanzanos Manuel Ayaso e Alfonso Costa no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, co gallo do 50 aniversario do pasamento de Picasso, que conta co apoio da Xunta de Galicia.

O director xeral de Cultura entrega o V Premio CGAC de investigación e ensaio a Jorge Fernández Gonzalo polo orixinal "A caverna baleira"

O director xeral de Cultura entrega o V Premio CGAC de investigación e ensaio a Jorge Fernández Gonzalo polo orixinal "A caverna baleira"

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, entregou o pasado 12 de maio o galardón da V edición do Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea a Jorge Fernández Gonzalo polo traballo A caverna baleira. Catálogo de arte inmaterial, imposible e inexistente.

O representante da Xunta de Galicia lembrou que a decisión de outorgar o premio a Jorge Fernández Gonzalo foi adoptada por unanimidade do xurado, que valorou especialmente a oportunidade e vixencia do tema tratado, así como o enfoque multidisciplinar do traballo.

Máis de medio cento de actividades nos museos da Xunta para celebrar o seu día internacional

Máis de medio cento de actividades nos museos da Xunta para celebrar o seu día internacional

A Xunta de Galicia programa este ano máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra o mércores 18 de maio, e incluirá visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos.

O Museo de Belas Artes incorpora á súa biblioteca unha colección de case 300 publicacións dos séculos XX e XXI sobre a vida e obra de Picasso

O Museo de Belas Artes incorpora á súa biblioteca unha colección de case 300 publicacións dos séculos XX e XXI sobre a vida e obra de Picasso

A Xunta de Galicia incorpora á biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña unha ampla colección de 294 publicacións dos séculos XX e XXI en distintos idiomas (inglés, francés, alemán e español) relacionadas coa vida e obra de Pablo Picasso que proceden da colección particular de Peter L. Farer, grande admirador do autor.

A Fundación Camilo José Cela comeza o X Letreseo

A Fundación Camilo José Cela comeza o X Letreseo

A Fundación Pública Camilo José Cela arrancou as celebracións da décima edición de "Letreseo. A semana das Letras do museo", a iniciativa coa que leva dez anos organizando distintas actividades para conmemorar o aniversario do nacemento de Cela (11 de maio), o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Internacional dos Museos (18 de maio).

Alfombra de cunchas inspirada en "Mensaxe do mar" de Maruja Mallo

Alfombra de cunchas inspirada en "Mensaxe do mar" de Maruja Mallo En colaboración coa iniciativa "Aquí faltan páxinas" da Deputación Provincial de Pontevedra.

O Museo Massó de Bueu participa no proxecto "Aquí faltan páxinas", unha iniciativa en materia de igualdade da Deputación Provincial de Pontevedra que trata de visibilizar historias de mulleres galegas que non sempre saen nos libros.

O Museo de Belas Artes da Coruña abre o ciclo extraordinario de conferencias e os obradoiros xuvenís e familiares ao redor da exposición "Picasso. Branco no recordo azul"

O Museo de Belas Artes da Coruña abre o ciclo extraordinario de conferencias e os obradoiros xuvenís e familiares ao redor da exposición "Picasso. Branco no recordo azul"

A Xunta de Galicia continúa conmemorando o 50 aniversario da morte de Picasso con diferentes actividades no marco da programación da exposición "Picasso. Branco no recordo azul" que organiza ata xuño no Museo de Belas Artes da Coruña. Así, o 13 de abril Rubén Ventureira, un dos comisarios da mostra, ofrecerá a conferencia "Picasso, na hora da morte", na que abordará a relación do artista coa morte, cuxo primeiro contacto o tivo na Coruña, polo falecemento da súa irmá Conchita por difteria aos sete anos. 

Román Rodríguez anuncia que a adxudicación da ampliación do Museo Massó se resolverá esta primavera

Román Rodríguez anuncia que a adxudicación da ampliación do Museo Massó se resolverá esta primavera

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o Museo Massó onde anunciou que esta primavera estará resolta a adxudicación para proceder á súa ampliación cun investimento de 1,2M€. Acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o conselleiro referiuse a estas obras como "un paso adiante para ampliar a rede museística galega, xa que permitirá recuperar elementos do noso patrimonio coa rehabilitación de históricas edificacións e tamén valiosos fondos que contribuirán a ampliar e divulgar o amplo legado da historia de Galicia", expresou.

Subscribe to