Skip to main content

Alfombra de cunchas inspirada en "Mensaxe do mar" de Maruja Mallo En colaboración coa iniciativa "Aquí faltan páxinas" da Deputación Provincial de Pontevedra.

Cartel

O Museo Massó de Bueu participa no proxecto "Aquí faltan páxinas", unha iniciativa en materia de igualdade da Deputación Provincial de Pontevedra que trata de visibilizar historias de mulleres galegas que non sempre saen nos libros.

En colaboración con esta iniciativa, o Museo Massó organizou un faladoiro sobre a figura de Maruja Mallo. Para ilustrar este faladoiro a Asociación Cunchas e Flores de Bueu creou unha alfombra no vestíbulo do museo lembrando a obra de Maruja Mallo Mensaxe do mar (1938). Para a creación desta obra a autora inspiraríase nos debuxos realizados durante a súa estancia en Bueu no verán de 1936.

A alfombra poderá verse durante uns días na entrada do Museo Massó e tamén en liña nesta ligazón.