Ir o contido principal

Mar á vista

Mar á vista Unha actividade para que a cativada vexa diferentes aspectos relacionados co mundo dos museos e o mar dunha maneira diferente

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente á cativada e que a súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de maneira natural.

A Xunta integra o centro de interpretación da Torre de Hércules no sistema galego de centros museísticos

A Xunta integra o centro de interpretación da Torre de Hércules no sistema galego de centros museísticos

A Xunta de Galicia integrará o Centro de Interpretación da Torre de Hércules no Sistema Galego de Centros Museísticos. Así se acordou este luns no Consello, onde se deu luz verde a incorporación deste espazo situado no Concello da Coruña e xestionado polo propio consistorio.

O Museo do Castro de Viladonga organiza este verán un campamento con catro quendas e 60 prazas para nenos e nenas de 6 a 12 anos

O Museo do Castro de Viladonga organiza este verán un campamento con catro quendas e 60 prazas para nenos e nenas de 6 a 12 anos

O Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, organiza este verán un Campamento castrexo na Reserva da Biosfera Terras do Miño, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. En total ofrécense 60 prazas en catro quendas – 15 en cada unha – que se sucederán ata o día 22 de agosto.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou o pasado luns aos primeiros participantes, que desfrutarán durante dez días de actividades lúdicas e culturais no Museo e saídas por concellos da contorna. O horario é de 9,00 a 14,00 horas, de luns a venres.

Singraduras pola ría no galeón Ave de Paso

Singraduras pola ría no galeón Ave de Paso Actividades de verán no Museo Massó

Singraduras pola ría no galeón Ave de Paso

  • O mércores, 2 de xullo de 2025 dende 17:00 a 18:30
  • A partir de 8 anos

Cando?         O mércores, 2 de xullo de 2025 dende 17:00 a 18:30

Idades recomendadas     A partir de 8 anos

Organiza      Museo Massó

Realizar a solicitude por mail: museo.masso@xunta.gal

Facilitando os seguintes datos:

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura a exposición temporal "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura a exposición temporal "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou no Museo de Belas Artes da Coruña a mostra "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo", unha exposición “coa que desde a Xunta tamén rendemos homenaxe a un creador clave para a nosa cultura nos séculos XX e XXI, sumándonos así ao recoñecemento que se lle fai este ano dedicándolle o Día das Artes Galegas”, destacou. 

Anxo M. Lorenzo destaca no Museo Etnolóxico “o protagonismo da veciñanza nos procesos culturais”

Anxo M. Lorenzo destaca no Museo Etnolóxico “o protagonismo da veciñanza nos procesos culturais”

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou no Museo Etnolóxico de Ribadavia a exposición "Unha ollada colectiva contra o esquecemento. Mostra final do curso de fotografía participativa", que recolle os traballos realizados no marco dun obradoiro organizado pola entidade con persoas da comarca do Ribeiro. Unha maneira, apuntou, “de recoñecer e visibilizar a memoria colectiva desta zona a través dun encontro interxeracional no que a propia veciñanza comparte e reconstrúe a súa identidade”.

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o verán

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o verán Actividades e exposicións no Museo Liste para o terceiro trimestre do ano

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o terceiro trimestre de 2025, de xullo a setembro.

O programa inclúe información sobre:

As exposicións temporais "Queridos obxectos: nostalxia e sedución" e "Peladas eran, peladas serán...tódalas meigas que andan polo chan".

Campamento castrexo

Campamento castrexo Obradoiros de verán para público infantil

Esta actividade está impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, no marco do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España), para favorecer a conciliación das familias con nenas e nenos de ata 12 anos de idades desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.

Subscribirse a