Peza do mes: Amuleto fálico. Campamento Aquae Querquennae
Peza do mes: Amuleto fálico. Campamento Aquae Querquennae Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo
A presentación pública terá lugar o 10 de setembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.
Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.