Ir o contido principal

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora con Unicef Galicia na difusión do proxecto “Reto lapis e vacinas”

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora con Unicef Galicia na difusión do proxecto “Reto lapis e vacinas”

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora con Unicef Galicia na difusión, dende os seus museos, do proxecto “Reto lapis e vacinas”. Para saber máis, www.retolapicesyvacunas.es

Atrapad@s na rede

Atrapad@s na rede Unha actividade para que as nenas e nenos vexan aspectos relacionados co mundo do mar dun xeito diferente, como é o oficio tradicional de redeira

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos menores e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural. Nesta ocasión, trátase de achegar aos rapaces e rapazas ao mundo do mar ao través do oficio tradicional de redeira cun obradoiro práctico para coñecer as técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.

Corseando con Bolechas

Corseando con Bolechas Obradoiros de verán no Museo

Obradoiro no que se propón un achegamento á actividade corsaria e ao seu desenvolvemento en Galicia: a diferenza coa piratería, a súa regulación, as formas de actuar e os obxectivos.

Está pensado para nenas e nenos entre catro e seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 101 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Consulta máis en https://museomasso.xunta.gal/gl

A Xunta inaugura a ampliación do Museo Massó tras un investimento de 1,4 millóns de euros para erixilo nun referente de primeiro nivel do patrimonio mariñeiro de Galicia

A Xunta inaugura a ampliación do Museo Massó tras un investimento de 1,4 millóns de euros para erixilo nun referente de primeiro nivel do patrimonio mariñeiro de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou este martes, 29 de xullo, a ampliación do Museo Massó, tras investir o Goberno galego preto de 1,4 millóns de euros na restauración do último tramo das naves da conserveira, construída en 1883, e das dúas plantas do edificio da antiga fábrica salgadura Piñeiro “converténdoo, deste xeito, nun referente de primeiro nivel do patrimonio mariñeiro de Galicia”.

A mirada de Anna

A mirada de Anna Un documental de Llorenç Soler

A Casa da Galería de Castro de Rei, sede da Fundación Margarita Ledo Andión, acolle a exposición fotográfica "A intimidade da imaxe" de Anna Turbau, fotógrafa falecida o pasado mes de marzo, cunha escolma dun arquivo de milleiros de negativos que ela depositou no Consello da Cultura Galega, centrada entre 1975 e 1979.

Subscribirse a