Ir o contido principal

Tres puntos de vista sobre el "Forum Limicorum"

Tres puntos de vista sobre el "Forum Limicorum" Presentación de publicación

O Museo é o anfitrión da presentación da obra "Tres puntos de vista sobre el Forum Limicorum", editado pola Fundación L. Monteagudo.

No acto estarán presentes Juan Manuel Abascal Palazón, Xulio Rodríguez González, Manuel Xusto Rodríguez e Manuel García Valdeiras.

A presentación terá lugar no Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos, Ourense)

Epigrafía romana de Galicia II

Epigrafía romana de Galicia II Presentación de publicación

O Museo é o anfitrión da presentación da obra "Epigrafía romana de Galicia II. Provincia de Ourense", formado por tres tomos e editado pola Fundación L. Monteagudo.

No acto estarán presentes Alfredo Erias Martínez (presidente da Fundación L. Monteagudo), Juan Manuel Abascal Palazón (catedrático de Historia Antiga, Universidad de Alicante), Hugo Pires (CEAU-FAUP da Universidade do Porto) e o director do Museo Arqueolóxico de Ourense, César Llana.

A presentación terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Entre nós e o mundo. Aprendernos da estrañeza

Entre nós e o mundo. Aprendernos da estrañeza Proposta combinada de visita guiada e conversa

O Museo Etnolóxico presenta a actividade "Entre nós e o mundo. Aprendernos na estrañeza".

O vindeiro xoves 18 de setembro ás 10:00 horas, o Museo Etnolóxico acollerá a actividade especial "Entre nós e o mundo", vinculada á exposición Territorios en tránsito: afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico.

Do orixinal á réplica

Do orixinal á réplica Nova convocatoria dun obradoiro para adultos

Sandra Obarrio, da fundación Terra Termarum de Castrolandín achega algunhas técnicas para facer a réplica dunha peza orixinal do Castro de Viladonga.

Terá lugar o sábado día 20, de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h

As inscricións pódense facer por teléfono no 982870160, e terán prioridade as persoas que nunca fixeran este obradoiro.

Celebración do día mundial do chocolate

Celebración do día mundial do chocolate Xornada de portas abertas con degustación

A Colección Museográfica Casa do Chocolate organiza unha xornada de portas abertas con motivo da celebración do día mundial do chocolate.

A xornada incluirá unha degustación de choclate con galletas.

Realizaranse visitas guiadas gratuítas ata completar aforo en dúas quendas:

- Pola mañá: ás 12 e 13 horas

- Pola tarde: ás 17 e ás 18 horas

Reservas:

- Teléfono: 689 683 713

- Correo electrónico: turismo@paradadesil.es

 

Celebración do día mundial do chocolate

Celebración do día mundial do chocolate Xornada de portas abertas con degustación

A Colección Museográfica Casa do Chocolate organiza unha xornada de portas abertas con motivo da celebración do día mundial do chocolate.

A xornada incluirá unha degustación de choclate con galletas.

Realizaranse visitas guiadas gratuítas ata completar aforo en dúas quendas:

- Pola mañá: ás 12 e 13 horas

- Pola tarde: ás 17 e ás 18 horas

Reservas:

- Teléfono: 689 683 713

- Correo electrónico: turismo@paradadesil.es

 

Visitas escolares

Visitas escolares Curso 2025-2026

O obxectivo principal da área de educación do Museo é motivar o coñecemento e desfrute da arte coma unha experiencia, en busca do cumprimento dos fins educativos, de estudo e de recreo que o museo pon ao servizo da sociedade. Por iso, axústanse a linguaxe e os contidos da visita a través de múltiples ferramentas, talleres e propostas educativas.

As novas escavacións no Castro de Viladonga sacan á luz a primeira moeda romana da 'caetra' localizada no xacemento

As novas escavacións no Castro de Viladonga sacan á luz a primeira moeda romana da 'caetra' localizada no xacemento

A nova actuación arqueolóxica impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no Castro de Viladonga (Castro de Rei) tivo entre os resultados máis destacados a exhumación da primeira moeda romana da caetra localizada no xacemento.

Visita ao campamento de Aquae Querquennae

Visita ao campamento de Aquae Querquennae Visita guiada

O Museo Arqueolóxico de Ourense continúa coas iniciativas de facer máis visible o patrimonio da provincia, e nesta ocasión propón unha visita guiada por Santiago Ferrer Seara ao campamento romano de Aquae Querquennae, en Bande (Ourense). O programa é o seguinte:

- 15:20 h: traslado en autobús dende Xoán XXIII (tras a subdelegación do Goberno), Ourense

- 16:30 h: visita guiada ao campamento de Aquae Querquennae

- 18:00 h: saída de regreso a Ourense.

XVI Premio Atlante de Gravado

XVI Premio Atlante de Gravado Mostra dedicada o Premio do Grabado Atlante

A Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital celebra o acto de entrega de galardóns do XVI PREMIO ATLANTE DE GRAVADO o sábado 13 de setembro, ás 13.00 h na sala 0 do Museo do Gravado de Artes (Ribeira).

Inaugúrase tamén a Mostra dedicada o Premio do Grabado Atlante onde se expoñen cada ano, as obras gañadoras e seleccionadas do Premio promovido pola Fundación. Poderase visitar ata o 13 de novembro de 2025.

Máis información en https://www.fundartes.gal/pt-pt/

 

Subscribirse a