Ir o contido principal

O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugura a exposición: Narrativas futuras. As ruínas do rural

O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugura a exposición: Narrativas futuras. As ruínas do rural

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salientou o pasado martes, 21 de outubro, o  “importante labor” da Xunta para “sumar con éxito a cultura na transformación e dinamización que está a vivir o rural, convertendo este territorio non só en receptor senón tamén en creador e viveiro de contidos”.

NARRATIVAS FUTURAS. As ruínas do rural.

NARRATIVAS FUTURAS. As ruínas do rural.

Narrativas futuras. As ruínas do rural é unha proposta expositiva que explora as ruínas como espazo de reflexión, resistencia e posibilidade.

A través das creacións de Alba Casas e Adrián Riveiro, esta mostra convida a repensar o rural galego desde a súa aparente desaparición: Que nos din os restos que quedan? Que futuros podemos imaxinar desde eles?

Un diálogo entre arte contemporánea e memoria, entre abandono e potencia, que se constrúe con materiais, sons e imaxes que habitan nas marxes do progreso.

XXVII CICLO CONCERTOS DE OUTONO

XXVII CICLO CONCERTOS DE OUTONO Actividades de outono con música

Ciclo de música dedicado a intérpretes e profesionais galegas e galegos, organizado polo Museo de Belas Artes da Coruña.

Datas: Os domingos 26 de outubro; 9, 16 e 30 de novembro de 2025.

Horario: 12:30h

Entrada libre ata completar aforo.

Programación

- 26 de outubro: Suárez, suite para unha vida. Rafa Fernández (guitarra acústica) / Benxamín Otero (oboe e corno inglés) / Iván Torres (videocreación)

Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose Arqueoloxía na provincia de Ourense

No mes de outubro, o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio.

Nesta ocasión, Martiño Xosé Vázquez Mato será o poñente de "Desenterrando Antioquía. 4000 anos de historia en 16 hectáreas", o relato do xacemento do Castelo no concello de Vilar de Barrio (Ourense). Un xacemento que presenta un depósito arqueolóxico de gran extensión e cunha longa ocupación no tempo: dende a Idade do Bronce ata a época galaico-romana.

IV Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"

IV Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega" Unha nova posta en común e de diálogo sobre a actualidade do sector do viño e o seu futuro

Tras a grande aceptación das anteriores xornadas celebradas en xuño, o Museo do Viño de Galicia volve convocar unha reunión que pretende establecer un marco de reflexión e diálogo co sector do viño sobre o futuro da vitivinicultura galega. Nelas participarán diferentes axentes do sector, dende a viticultura ata a fabricación de rollas, pasando pola enoloxía e a historia.

Xornadas científicas: Isaac Díaz Pardo

Xornadas científicas: Isaac Díaz Pardo Análise da figura de Díaz Pardo no marco da exposición "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

O Museo de Belas Artes da Coruña, no marco da exposición temporal "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo", organiza unha xornada científica que reúne unha serie de especialistas cos que poder analizar e afondar no coñecemento da figura de Isaac Díaz pardo desde un punto de vista actualizado e interdisciplinar. 

Subscribirse a