Skip to main content

Presentación e inauguración da exposición temporal "Arquitecturas que falan do seu tempo" no Museo de Belas Artes da Coruña

Presentación e inauguración da exposición temporal "Arquitecturas que falan do seu tempo" no Museo de Belas Artes da Coruña

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Xosé López Campos, enxalzou a entidade arquitectónica propia coa que conta Galicia e que ten unha “importante pegada na identidade social e cultural que conforma a Comunidade”. Fíxoo na inauguración no Museo de Belas Artes da Coruña da exposición "Arquitecturas que falan do seu tempo", coa que se conmemora o 175 aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes. Precisamente, ambas institucións chegaron a compartir, no seu día, o mesmo espazo.

Arquitecturas que falan do seu tempo

Arquitecturas que falan do seu tempo

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza a exposición "Arquitecturas que falan do seu tempo", comisariada por Xosé Manuel Casabella e Alfredo Sellier. A mostra recolle as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, desde a súa creación o 31 de outubro de 1849 ata a actualidade. É por iso que o subtítulo desta exposición sexa 23+1.

A Cerámica Castrexa en Galicia. Investigación e Recuperación.

A Cerámica Castrexa en Galicia. Investigación e Recuperación. Museo Municipal de Vigo Quiñones de León

Esta exposición é o resultado do proxecto de Investigación e Recuperación da Cerámica Castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum que ten como obxectivo a elaboración dunha colección de réplicas cerámicas castrexas completamente documentadas a nivel formal, mantendo unhas referencias históricas e arqueolóxicas en canto a acabados, texturas e formas e tratando de caracterizar con elas o conxunto tipolóxico documentado dos castros galegos de referencia.

Novos imaxinarios

Novos imaxinarios

O cinema contemporáneo continúa investigando sobre as novas formas do cinematográfico, desde as vangardas ata o cinema expandido. Nesta traxectoria, o museo foise consolidando como un espazo onde o cinema tamén ten lugar, xa que acolle nas súas salas as propostas e os discursos experimentais dunha nova xeración de autoras e autores.

Mayte Vieta. O son do mar

Mayte Vieta. O son do mar

Mayte Vieta (Blanes, Girona, 1971) é unha artista visual que utiliza o espazo e a luz como medios de expresión a través da fotografía, a escultura e a instalación.

Cunhas influencias que abarcan desde Milan Kundera ata Simone Weil, Vieta reflexiona sobre as contradicións da experiencia humana mediante instantáneas que capturan a complexidade do espectro das nosas emocións, pensamentos e vivencias. As súas obras redefinen a relación entre contrarios coa coherencia que só os soños conteñen.

A historia da música gravada nunha mostra no Museo Etnolóxico

A historia da música gravada nunha mostra no Museo Etnolóxico

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, resaltou o importante que é “achegarse á nosa cultura desde moi diversas perspectivas e en moi distintos eidos, descubrindo a nosa historia e as persoas que interviron nela, neste caso no campo da transmisión musical”. Así o destacou esta tarde na inauguración da mostra As historias da música gravada en Galicia no Museo Etnolóxico de Ribadavia. 

As historias da música gravada en Galicia

As historias da música gravada en Galicia O Museo Etnolóxico acolle esta exposición dentro do marco do Festival Arteficial, e en colaboración coa Escola Sinsal

Esta mostra convida ao público a explorar a historia da música gravada en Galicia a través de oito figuras clave do país, dende o século XVII ata o século XX. O percorrido comeza en Ourense con Martínez de Presa e destaca a Severino Pérez Vázquez no século XIX, quen produciu un precursor do sintetizador de voz, case un "autotune". Outras historias inclúen a personaxes como Emilia Pardo Bazán e Maruja Boga, presentadas por oito artistas do mundo do cómic que narrarán as súas conexións co son e a música ao longo do tempo.

Verba volant picta manent

Verba volant picta manent Conmemoración dos 25 anos de programación expositiva do Museo

Esta é unha mostra que recolle un percorrido dos vintecinco anos de traballo expositivo do Museo a través dunha selección das obras procedentes das mostras temporais. Organízase atendendo aos diferentes programas expositivos que o centro foi configurando, de aí o seu nome: as exposición son efémeras (volant), pero os fondos permanecen (manent).

Conta cun total de 117 pezas de 50 artistas que integraron no seu día as mostras expositivas que acolleu o museo.

Ribadavia no seu patrimonio relixioso

Ribadavia no seu patrimonio relixioso Percorrido pola historia do municipio ao través de pezas devocionais de varios séculos

Unha mostra que pretende poñer en valor e potenciar o rico patrimonio relixioso conservado dentro das antigas catro parroquias (San Juan, Santa María Magdalena, Santiago e Oliveira) e dous conventos (Santo Domingo e San Francisco) do municipio ribadaviense.

O Museo Etnolóxico dá a coñecer o patrimonio relixioso de Ribadavia coa súa nova exposición

O Museo Etnolóxico dá a coñecer o patrimonio relixioso de Ribadavia coa súa nova exposición

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o 23 de xullo a exposición Patrimonio relixioso, a nova mostra impulsada polo Museo Etnolóxico de Ribadavia para dar a coñecer a historia de Galicia e o municipio a través de pezas de ourivaría, tallas devocionais e unha selección do fondo documental do arquivo parroquial.

Subscribe to