Skip to main content

O Museo do Videoxogo de Galicia estrea horario e novidades para o verán

O Museo do Videoxogo de Galicia estrea horario e novidades para o verán

A partir do 19 de xullo o Museo abrirá as súas portas todos os sábados en horario de mañá e de tarde, de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.

A decisión busca adaptarse aos horarios do lecer estival, e ofrecer máis oportunidades para a visita tanto da veciñanza como das persoas que escollan Cangas do Morrazo como destino turístico.

A Xunta integra o centro de interpretación da Torre de Hércules no sistema galego de centros museísticos

A Xunta integra o centro de interpretación da Torre de Hércules no sistema galego de centros museísticos

A Xunta de Galicia integrará o Centro de Interpretación da Torre de Hércules no Sistema Galego de Centros Museísticos. Así se acordou este luns no Consello, onde se deu luz verde a incorporación deste espazo situado no Concello da Coruña e xestionado polo propio consistorio.

O Museo do Castro de Viladonga organiza este verán un campamento con catro quendas e 60 prazas para nenos e nenas de 6 a 12 anos

O Museo do Castro de Viladonga organiza este verán un campamento con catro quendas e 60 prazas para nenos e nenas de 6 a 12 anos

O Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, organiza este verán un Campamento castrexo na Reserva da Biosfera Terras do Miño, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. En total ofrécense 60 prazas en catro quendas – 15 en cada unha – que se sucederán ata o día 22 de agosto.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou o pasado luns aos primeiros participantes, que desfrutarán durante dez días de actividades lúdicas e culturais no Museo e saídas por concellos da contorna. O horario é de 9,00 a 14,00 horas, de luns a venres.

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura a exposición temporal "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura a exposición temporal "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou no Museo de Belas Artes da Coruña a mostra "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo", unha exposición “coa que desde a Xunta tamén rendemos homenaxe a un creador clave para a nosa cultura nos séculos XX e XXI, sumándonos así ao recoñecemento que se lle fai este ano dedicándolle o Día das Artes Galegas”, destacou. 

Anxo M. Lorenzo destaca no Museo Etnolóxico “o protagonismo da veciñanza nos procesos culturais”

Anxo M. Lorenzo destaca no Museo Etnolóxico “o protagonismo da veciñanza nos procesos culturais”

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou no Museo Etnolóxico de Ribadavia a exposición "Unha ollada colectiva contra o esquecemento. Mostra final do curso de fotografía participativa", que recolle os traballos realizados no marco dun obradoiro organizado pola entidade con persoas da comarca do Ribeiro. Unha maneira, apuntou, “de recoñecer e visibilizar a memoria colectiva desta zona a través dun encontro interxeracional no que a propia veciñanza comparte e reconstrúe a súa identidade”.

Unha ollada colectiva contra o esquecemento

Unha ollada colectiva contra o esquecemento Mostra final do curso de fotografía participativa

A mostra reúne os traballos realizados no marco dun obradoiro de fotografía participativa con persoas da comarca do Ribeiro, coordinado pola comisaria Sara Garchi. A exposición está composta por fotografías contemporáneas, imaxes de arquivo familiar, obxectos e pezas interactivas que dialogan entre si e co territorio.

WE READ TIME IN SPACE AND IN THE VOICE. Workshop activities on the San Pedro neighbourhood, directed by Claudio Zulian

WE READ TIME IN SPACE AND IN THE VOICE. Workshop activities on the San Pedro neighbourhood, directed by Claudio Zulian

Between October 2022 and February 2023, the CGAC hosted Lives, a solo exhibition from the artist and film-maker, Claudio Zulian, which focused on the production of a new work inspired by the neighbourhood of Vite, in Santiago de Compostela.

Territorios en tránsito: Afluencias e influencias

Territorios en tránsito: Afluencias e influencias Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico de Ribadavia

A exposición Afluencias e influencias combina o traballo recente do artista galego Jesús Madriñán, especialmente a súa serie Lanzarote, con fotografías do Museo Etnolóxico de Ribadavia. A mostra reflexiona sobre as dinámicas de mobilidade na sociedade, explorando como os movementos de persoas, xa sexa por migración ou turismo, afectan un territorio.

Subscribe to