Skip to main content

Manuel Dávila: A pegada do oficio na vida

Manuel Dávila: A pegada do oficio na vida

O traballo de Manuel Dávila García (Santiago de Compostela, 1934) conta unha historia persoal, cicelada a través da ourivaría. A súa formación, as relacións laborais e o espazo do obradoiro constrúen unha intimidade arxéntea, un relato de vida inscrito no marco dunha cidade en construción, que analiza o oficio como forma de identidade individual e colectiva.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugura a exposición Memoria e azougue. A liñaxe dos Llanos (1897-1970)

O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugura a exposición Memoria e azougue. A liñaxe dos Llanos (1897-1970)

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, enxalzou o pasado xoves 1 "a importante achega á memoria colectiva de Galicia" que supón o Arquivo Llanos, composto polo fondo de imaxes desta coñecida liñaxe de fotógrafos que se conservan no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Fíxoo na inauguración neste centro museístico dunha exposición na que se exhibe unha escolma do seu traballo, entre 1897 ata 1970, e que pode verse nestas instalacións ata finais de abril.

Memoria e azougue. A liñaxe dos Llanos (1897-1970)

Memoria e azougue. A liñaxe dos Llanos (1897-1970)

Esta mostra ten por obxectivo dar a coñecer o traballo fotográfico da liñaxe composta por Francisco Llanos Mas, o seu fillo, Francisco Miguel Llanos Trápaga e o seu neto Ángel Llanos González. A mostra está estruturada en tres seccións: Arquitectura, Retrato e Acontecemento, entendendo este último como feitos excepcionais, como a guerra, a festa e o traballo. En conxunto constitúen unha biografía de Vigo desde os anos finais do século XIX até os momentos do apagamento do réxime franquista.

O Museo do Castro de Viladonga celebra a Semana Cultural do Nadal con escolares de 11 colexios da provincia

O Museo do Castro de Viladonga celebra a Semana Cultural do Nadal con escolares de 11 colexios da provincia

A Xunta de Galicia está a celebrar o Nadal Cultural do Museo do Castro de Viladonga, que na presente edición conta coa participación de 11 colexios da provincia. Desde o martes e ata o próximo luns sucédense os espectáculos e as visitas guiadas, como unha forma lúdica de aproximar aos escolares á historia e á cultura castrexa.

A Xunta presenta un distintivo que reforza a imaxe do Sistema Galego de Centros Museísticos

A Xunta presenta un distintivo que reforza a imaxe do Sistema Galego de Centros Museísticos

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou o pasado venres a imaxe identificativa do Sistema Galego de Centros Museísticos coa que, explicou, “pretendemos que as entidades integradas neste sistema gocen dun distintivo que as diferencie e as poña en valor”.

Acisclo en 66 obras

Acisclo en 66 obras Museo Provincial de Pontevedra

Esta exposición está composta por obras representativas da súa evolución artística desde o expresionismo figurativo ata alcanzar case a abstracción. Acisclo comezou traballando a madeira, coñecedor da técnica tras obter o título de tallista, e pronto se sentiu seducido pola escultura para contar historias coa materia no canto de coas palabras.

 

Visitas guiadas a Acisclo en 66 obras

Os animais de Miguelanxo Prado (para Antonio Fraguas Fraguas)

Os animais de Miguelanxo Prado (para Antonio Fraguas Fraguas) 25 aniversario da constitución da Fundación Antonio Fraguas.

O Concello de Cerdedo-Cotobade e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas organizan unha mostra conmemorativa do 25 aniversario da constitución da Fundación. Unha exposición das ilustracións orixinais realizadas por Miguelanxo Prado para o libro Os animais de Fraguas.

Presentación e inauguración da exposición temporal "CONVIDADAS: Dúas miradas de Zuloaga" no Museo de Belas Artes da Coruña

Presentación e inauguración da exposición temporal "CONVIDADAS: Dúas miradas de Zuloaga" no Museo de Belas Artes da Coruña

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o xoves 21 de novembro a mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga, que acolle o Museo de Belas Artes da Coruña e coa que se inicia un novo ciclo de exposicións que traerá obras doutros museos e coleccións españolas a este espazo. Esta primeira proposta é unha colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía que achega ata a institución coruñesa dous retratos feitos por Ignacio Zuloaga, mantendo un diálogo con outras obras da propia colección permanente do museo.

Convidadas: dúas miradas de Zuloaga

Convidadas: dúas miradas de Zuloaga Ambos retratos son exemplo do seu amplo labor como retratista, no que conflúen tendencias das vangardas parisienses con evocacións da retratística de Velázquez ou Goya.

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza a mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga, en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Con ela ábrese un novo ciclo de exposicións de pequeno formato co que coñecer obras procedentes doutros museos e coleccións españolas.

Celebración das IV Xornadas de museos

Celebración das IV Xornadas de museos

O pasado xoves, 14 de novembro, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou na Cidade da Cultura a Xornada de Museos de Galicia, na que se analizou o impacto da Lei galega de museos a través das experiencias das entidades. Trátase dun foro de debate xa de carácter anual, no que nesta ocasión púxose en valor o impulso que deu ao sector esta norma que leva vixente dende o 2021 e no que participan diversos representantes dos centros galegos.

Subscribe to