Acisclo en 66 obras Museo Provincial de Pontevedra
Esta exposición está composta por obras representativas da súa evolución artística desde o expresionismo figurativo ata alcanzar case a abstracción. Acisclo comezou traballando a madeira, coñecedor da técnica tras obter o título de tallista, e pronto se sentiu seducido pola escultura para contar historias coa materia no canto de coas palabras.
Visitas guiadas a Acisclo en 66 obras
Os xoves e sábados, ás 18:00 horas. As visitas guiadas deben reservarse previamente empregando o formulario que se atopa nesta páxina, e que se actualiza cada luns coas quendas da semana correspondente.