Ir o contido principal

Acisclo en 66 obras Museo Provincial de Pontevedra

Exposición 'Acisclo en 66 obras'

Esta exposición está composta por obras representativas da súa evolución artística desde o expresionismo figurativo ata alcanzar case a abstracción. Acisclo comezou traballando a madeira, coñecedor da técnica tras obter o título de tallista, e pronto se sentiu seducido pola escultura para contar historias coa materia no canto de coas palabras.

 

Visitas guiadas a Acisclo en 66 obras

Os xoves e sábados, ás 18:00 horas. As visitas guiadas deben reservarse previamente empregando o formulario que se atopa nesta páxina, e que se actualiza cada luns coas quendas da semana correspondente.