Skip to main content

O Camiño en viñetas. A aventura xacobea de Simón Martel

O Camiño en viñetas. A aventura xacobea de Simón Martel

Da man de Compostela Ilustrada, por primeira vez o Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle unha exposición con deseños de cómic vencellada ao Camiño. Esta nova mostra xira arredor da publicación A aventura xacobea de Simón Martel. Neste cómic, dous adolescentes, a moza Simón e o seu amigo Brais, deciden percorrer o Camiño na compaña dos tíos da primeira. Distintos personaxes reais vanse cruzando na súa peregrinación e van achegando á historia novos perfís e ideas.

CIPC Muíño do Pan de Baamonde

O centro de interpretación do patrimonio cultural do Muíño do Pan de Baamonde recupera un antigo muíño como elemento do patrimonio material de carácter etnográfico.

Este espazo, ademais, facilita a transmisión dun importante compoñente de patrimonio inmaterial galego que difunde os valores dun grupo humano e dos seus caracteres antropolóxicos, culturais e sociais: neste caso, o mundo arredor dos muíños, tradicións e contexto sociocultural de Baamonde, na época na que estaba en funcionamento.

Concha Jerez y José Iges. Resignifications

Concha Jerez y José Iges. Resignifications

With significant individual careers, for more than three decades Concha Jerez (Las Palmas, Gran Canaria, 1941) and José Iges (Madrid, 1951) have developed a common production in parallel which is influenced and enriched by the difference of their respective languages. Starting from the concept of 'resignification', this joint exhibition assembles works created between 1989 and 2023.

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta o catálogo da exposición que reflicte a pegada da arquitectura na identidade cultural e social de Galicia

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta o catálogo da exposición que reflicte a pegada da arquitectura na identidade cultural e social de Galicia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe o catálogo da mostra Arquitecturas que falan do seu tempo que o Museo de Belas Artes da Coruña abriu ao público o pasado 6 de novembro para conmemorar o 175 aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes, motivo polo que a exposición fai un percorrido polas obras dos 23 arquitectos académicos de honra desta institución, co obxecto de reflectir a súa pegada na identidade cultural e social de Galicia.

Mar Caldas: Women, work and memory

Mar Caldas: Women, work and memory

As part of its programme featuring mid-career artists, the CGAC is delighted to present an individual exhibition of the work of Mar Caldas (Vigo, 1964), a pioneer of feminist artistic practice in Galicia. Her work, which is fundamentally photographic, is constantly renewing its stance as a means of protest against the different obstacles which, by their very nature, threaten women’s lives.

Os museos da Xunta superan o medio millón de visitantes no ano 2024

Os museos da Xunta superan o medio millón de visitantes no ano 2024

Os museos xestionados pola Xunta de Galicia recibiron durante o 2024 un total de 576.866 visitantes, o que supón un 23% máis que no ano anterior, cando o balance do exercicio sumou 468.612 visitas nestes centros museísticos.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago aumentou as súas cifras con 60.986 asistentes, 12.000 máis que o ano pasado, cunha programación na que a gran protagonista foi Verba Volant Picta Manent, unha selección de obras coas que se conmemoraron os 25 anos do inicio das exposicións temporais no centro.

Museo do videoxogo (MUVI)

O Museo do Videoxogo (MUVI) é o primeiro centro museístico de Galicia e de España relacionado co videoxogo, entendendo este como unha forma de expresión artística e cultural e como unha ferramenta educativa máis alá da súa dimensión lúdica.

Esta institución museística garante a preservación cultural do videoxogo e do seu legado universal, a súa transcendencia histórica, referencias, influencia e impacto social a través dos tempos, con especial atención ao videoxogo galego.

Subscribe to