Skip to main content

A Xunta adquirirá os murais de Urbano Lugrís da Rúa Olmos da Coruña tras exercer o dereito de tanteo

A Xunta adquirirá os murais de Urbano Lugrís da Rúa Olmos da Coruña tras exercer o dereito de tanteo

A Xunta de Galicia adquirirá os murais de Urbano Lugrís localizados nos números 25 e 27 da rúa Olmos da Coruña tras presentar no Xulgado Mercantil número 3 da Coruña a resolución para exercer o dereito de tanteo. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude exerce así o seu dereito de adquisición preferente, recollido na Lei de Patrimonio Cultural para aqueles bens que contan co máximo nivel de protección, igualando a oferta de 36.000€ feita por un particular. 

Alfonso Soto "Fon" II

Alfonso Soto "Fon" II Recoñecemento á traxectoria deste artista ribadaviense

Tras a primeira mostra dedicada a este pintor, no primeiro trimestre do ano, o Museo Etnolóxico presenta a segunda exposición da obra deste artista multidisciplinar nado en Ribadavia na década dos cincuenta.

 

Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao

Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao Presentación da doazón á Comunidade Autónoma de Galicia de obra deste autor

A exposición presenta a doazón de 22 obras do artista Tomás Barros (Toledo 1922 - A Coruña 1986) realizada polos seus fillos, Tomás e Araceli Barros Cao, á Comunidade Autónoma de Galicia, que é custodiada no Museo de Belas Artes da Coruña, obras que amplían o coñecemento da súa faceta artística como pintor e gravador.

A doazón componse dunha colección de sete óleos, catro debuxos realizados en ceras de cores sobre papel, unha acuarela e dez estampas gravadas coa técnica da linografía.

Lamazares. Inda é día

Lamazares. Inda é día

A visión máis completa e abranguente da obra dun artista tórnase posible cando temos ocasión de examinar a súa produción artística ao longo da súa carreira. Unha oportunidade de viaxar no tempo, tendo como horizonte as obras froito do traballo e da entrega ao singular exercicio do querer mostrar. Unha revelación cuxos resultados están depositados nesas obras que se foron afirmando na plenitude do tempo.

A exposición sobre Sorolla no Museo de Belas Artes despídese con éxito ao recibir máis de 25.000 visitantes

A exposición sobre Sorolla no Museo de Belas Artes despídese con éxito ao recibir máis de 25.000 visitantes

A exposición Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia despediuse esta semana no Museo de Belas Artes da Coruña tras recibir máis de 25.000 visitantes. Unha cifra que se suma ás 50.000 persoas que recibiu a mostra Picasso branco no recordo azul e ás máis de 10.000 de A Coruña no tempo. Deste xeito, a Xunta de Galicia completa tres exitosos proxectos no último ano con 86.000 visitantes.

O Museo Etnolóxico colabora no proxecto "O fogar das Musas"

O Museo Etnolóxico colabora no proxecto "O fogar das Musas"

Durante o mes de marzo, o equipo do Museo Etnolóxico acompañou, en varias sesións, ás docentes vinculadas ao proxecto “O fogar das musas” na súa formación para a xestión dunha colección museográfica. Guióuselles en temas relacionados co inventariado, catalogación, documentación e restauración, información que pode ser de utilidade na súa nova andaina.

Ourense anos 20

Ourense anos 20 A exposición producida polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense chega agora ao Museo Etnolóxico de Ribadavia

A exposición producida polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que estivo con anterioridade no Centro Municipal José Ángel Valente de Ourense, chega agora ao Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Subscribe to