Skip to main content

Un percorrido pola obra de Antón Lamazares inaugurará o programa expositivo do CGAC en 2024 con ata 11 exposicións

Un percorrido pola obra de Antón Lamazares inaugurará o programa expositivo do CGAC en 2024 con ata 11 exposicións

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado polo director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago Olmo, presentou o venres 15 a programación anual de exposicións e actividades do centro para o ano 2024. "Estamos ante un programa moi completo e moi variado, co que se quere achegar á arte a todos os públicos", salientou o representante da Consellería de Cultura.

Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago

Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago Organizada pola Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.

O exercicio da hospitalidade, a acollida ao peregrino, é un valor considerado dende hai séculos coma a pedra angular do Camiño de Santiago. Unha forma de espiritualidade poeticamente recollida nas fotografías que Manuel G. Vicente tomou ao longo do Camiño durante as últimas décadas, na ruta e nos seus albergues. Esta entrañable acollida fúndese coa vivencia do encontro, a solidariedade, a amizade e mais a comprensión mutua. A todo iso hai que engadir os valores paisaxísticos, a historia compartida e a cultura.

Patriarcadas revirad@s

Patriarcadas revirad@s

Exposición virtual dos carteis deseñados polo alumnado do IES Illa de Ons de Bueu con motivo do 25 de novembro, día contra a violencia machista.

Esta mostra forma parte dun proxecto educativo en colaboración do Museo Massó e o IES Illa de Ons de Bueu. Trátase de que o alumnado tome conciencia de situacións machistas que viven a diario, saiban identificalas e traten de evitar patróns de comportamento que derivan en violencias contra as mulleres.

Román Rodríguez anima a redescubrir a estreita relación de Sorolla con Galicia coa nova exposición do Museo de Belas Artes

Román Rodríguez anima a redescubrir a estreita relación de Sorolla con Galicia coa nova exposición do Museo de Belas Artes

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inauguraron onte na Coruña xunto co director do Museo Sorolla, Enrique Varela, a exposición "Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia", o novo proxecto expositivo do Museo de Belas Artes co que a Xunta de Galicia se suma á conmemoración do centenario do falecemento do pintor que se celebra este ano con exposicións, publicacións e outras actividades.

Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia

Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia Proxecto expositivo no marco do programa "100 años del fallecimiento de Joaquín Sorolla".

O Museo de Belas Artes da Coruña, en colaboración coa Fundación Museo Sorolla, presenta a participación galega no proxecto expositivo "Sorolla. Viajar para pintar", no marco do programa "100 años del fallecimiento de Joaquín Sorolla", un dos grandes eventos culturais do ano que conmemora o centenario do falecemento de Joaquín Sorolla y Bastida (Valencia, 1863 - Cercedilla, Madrid, 1923).

Mentindo con mestría. Montaxes fotográficas de Augusto Pacheco (1948-1973)

Mentindo con mestría. Montaxes fotográficas de Augusto Pacheco (1948-1973) Mostra sobre o papel da fotografía na construción da realidade da man das fotomontaxes.

A exposición recolle diferentes obras de fotomontaxe do fotógrafo ourensán Augusto Pacheco, e trata de amosar como o recurso da fotomontaxe dentro do campo da fotografía representa un elemento creador en si mesmo e de reflexión.

Comisariada por Vítor Vaqueiro, Ánxel Huete e Manuel Pérez Rúa, expón fondos do Museo Etnolóxico pertencentes ao Fondo Pacheco.

O persoal do Museo Nacional de Arte Decorativa de Ucraína visita o Museo Etnolóxico de Ribadavia

O persoal do Museo Nacional de Arte Decorativa de Ucraína visita o Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Museo das Peregrinacións e de Santiago recibe o Premio Internacional Apecsa polo seu labor na difusión da cultura xacobea

O Museo das Peregrinacións e de Santiago recibe o Premio Internacional Apecsa polo seu labor na difusión da cultura xacobea

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, recolleu o XI Premio Internacional Apecsa 2023 de divulgación do Camiño, concedido pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago ao Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Subscribe to