Patriarcadas revirad@s
Exposición virtual dos carteis deseñados polo alumnado do IES Illa de Ons de Bueu con motivo do 25 de novembro, día contra a violencia machista.
Esta mostra forma parte dun proxecto educativo en colaboración do Museo Massó e o IES Illa de Ons de Bueu. Trátase de que o alumnado tome conciencia de situacións machistas que viven a diario, saiban identificalas e traten de evitar patróns de comportamento que derivan en violencias contra as mulleres.