Skip to main content

10 de novembro do 2023 - 14 de xaneiro do 2024 Peregrinas ilustradas Organizada polo Encontro Internacional Compostela Ilustrada

Cartel da exposición Peregrinas ilustradas

Desde o ano 2017, en Compostela Ilustrada realizamos un camiño en ilustracións cun total de quince artistas de distintas disciplinas do debuxo. O resultado global foron máis de 150 obras de seis camiños diferentes.

Na exposición Peregrinas Ilustradas, que presentamos no Museo das Peregrinacións —de novembro 2023 a xaneiro 2024—, amosamos unha selección de 60 destas ilustracións e material gráfico resultante das mesmas. Exhíbense os orixinais de cada camiño xunto ás fotografías deste peregrinar debuxado. Tamén se proxectarán vídeos dos mesmos e mostraremos en vitrinas os libros resultantes de cada unha destas accións, así como obxectos das peregrinacións.

Texto de Gemma Sesar, comisaria do proxecto.

OS CAMIÑOS E AS AUTORAS

Camiña. Camiño
Camiño da Costa: do Porto a Santiago

  • Fernanda Lamelas (Lisboa)
  • Teresa Ruivo (Lisboa)
  • Branca Escrigas (Ferrol)
  • Isabell Seidel Ourense

Dous Camiños. Kumano vs Santiago
Realización do Camiño de Inverno e o Camiño Kumano en Xapón

  • Catalina Rodríguez Villazón (Villajoyosa)

Camiño do Norte
O camiño e a arquitectura contemporánea: Museo Guggenheim; Centro Botín; Centro Niemeyer; e Cidade da Cultura, CGAC, SGAE, Auditorio de Galicia...

  • Pilar Barral (Arzúa)
  • Amelia Palacios (Pontevedra)
  • Aurora Villaviejas (Sevilla)
  • Ana Grasset (Madrid)

Camiño Inglés
De Ferrol/A Coruña a Santiago

  • Maru Godás (Barcelona)
  • Roísín Curé (Dublín)

Camiño Urbano. Natureza no km cero
Ilustracións de parques e xardíns das entradas dos distintos camiños en Santiago

  • Maru Godás Barcelona
  • Ana Luisa Frazao (Sao Martinho de Porto)
  • Nanda Cabaleiro (Santiago)
  • Celia Burgos (Cádiz)

Camiñamos para Parar
Camiño de Inverno

  • Rita Sabler (Oregón)

https://museoperegrinacions.xunta.gal/gl/exposicions/peregrinas-ilustradas