Ir o contido principal

Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia Proxecto expositivo no marco do programa "100 años del fallecimiento de Joaquín Sorolla".

Cartel da exposición

O Museo de Belas Artes da Coruña, en colaboración coa Fundación Museo Sorolla, presenta a participación galega no proxecto expositivo "Sorolla. Viajar para pintar", no marco do programa "100 años del fallecimiento de Joaquín Sorolla", un dos grandes eventos culturais do ano que conmemora o centenario do falecemento de Joaquín Sorolla y Bastida (Valencia, 1863 - Cercedilla, Madrid, 1923).

A exposición "Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia" reflicte a estadía do artista en Galicia, e complétase con obras de artistas galegos cos que mantivo unha relación máis estreita, como foron Francisco Lloréns, Fernando Álvarez de Sotomayor, María Corredoira ou Jenaro Carrero.

A mostra pode visitarse no Museo de Belas Artes da Coruña do 23 de novembro de 2023 ao 7 de abril de 2024.

Ligazóns