A Casa do Chocolate está situada na aldea de Teimende, no Concello de Parada de Sil (Ourense), corazón da Ribeira Sacra e de gran riqueza patrimonial e paisaxística. O centro museístico sitúase no inmoble que foi fábrica do chocolate comercializado co nome de “Chocolates Caldelas” ata o cese da súa actividade nos anos oitenta do século pasado.
Na instalación actual mantéñense en perfecto estado as diferentes máquinas que se empregaban na fabricación do chocolate dende principios do século XX. Explícase o proceso de elaboración do chocolate e cales son as materias primas necesarias. Tamén se documenta a evolución técnica no proceso de produción dende a actividade máis artesanal dos comezos ata os inicios da industrialización, así coma o paso da forza de tracción animal á enerxía eléctrica.
Ademais da maquinaria asociada á fabricación do chocolate tamén se conserva un importante fondo documental composto por facturas, correspondencia comercial, libros de rexistro de entradas de materias primas e saídas de chocolate e outros documentos da actividade industrial e comercial que foron conservados polos seus propietarios.
A Casa do Chocolate pretende destacar o papel que exerceu Ricardo Casares, o último chocolateiro, continuador do labor dos seus antepasados, quen afrontou o reto da modernización da industria familiar con actuacións como a introdución da electricidade no proceso de fabricación.
Praza do Campo da Feira, 1
32740, Parada de Sil
Tlf. 988 208 010 / 619 908 466
concello@paradadesil.es
Schedule
Cerrado hasta el 19 de marzo de 2026
Del 16 de octubre al 8 de diciembre
De jueves a domingo: de 10.00 a 17:00 h
Aforo máximo en cada visita: 15 personas
Visitas guiadas cada hora, a las 11:00, 12:00, 13:00, 15:00 y 16:00 h
No se hacen reservas telefónicas ni presenciales; la reserva previa debe realizarse en línea en https://turismo.ribeirasacra.org/reservas
Fees
General ticket 2 euros (free for certain groups)