Skip to main content

López Campos gaba o “traballo da Fundación Camilo José Cela no impulso da nosa lingua e cultura”

López Campos gaba o “traballo da Fundación Camilo José Cela no impulso da nosa lingua e cultura”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, gabou “o traballo da Fundación Pública Camilo José Cela no impulso da nosa lingua e cultura mediante a investigación e proxección da obra e figura do Nobel galego”. Fíxoo o pasado xoves, 11 de decembro, na xuntanza ordinaria do Padroado desta institución, na que tamén se abordaron as actividades previstas para 2026.

Anxo M. Lorenzo destaca o papel dos museos como axentes de cohesión social e cultural do territorio

Anxo M. Lorenzo destaca o papel dos museos como axentes de cohesión social e cultural do territorio

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o pasado venres, 12 de decembro, no Centro Galego de Arte Contemporánea a exposición Arquivar para coidar(nos), unha proposta que recompila e exhibe, ata o 14 de xaneiro, o relato colectivo artellado pola veciñanza dos barrios próximos a este centro museístico “para demostrar o relevante papel dos museos como axentes de cohesión social e cultural dos territorios próximos onde se inxiren”.

Colección museográfica Vicente Risco

A Colección Museográfica Vicente Risco ten como obxectivo a divulgación da obra deste autor, contextualizándoa na Galicia da primeira metade do século XX. Resalta a importancia para a historia e cultura de Galicia dos fondos documentais custodiados pola Fundación Vicente Risco.

O discurso expositivo céntrase na figura de Vicente Risco, os seus ideais, obras e contribucións á sociedade galega, reflectindo como a súa obra se vinculou cos tempos e os intereses do seu contorno.

Arte prerrománica en Ourense

Arte prerrománica en Ourense

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense presenta na Casa de Galicia en Madrid unha mostra de arte prerrománica da actual provincia de Ourense. Unha iniciativa que permitirá, ata finais de xaneiro, achegarse a unha escolma de pezas singulares, arquitectónicas e decorativas, que amosan a riqueza artística que se produciu no noroeste peninsular desde o final do mundo romano ata o século XI.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugura a exposición “Arte prerrománica en Ourense” na Casa de Galicia en Madrid

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugura a exposición “Arte prerrománica en Ourense” na Casa de Galicia en Madrid

A Casa de Galicia en Madrid inaugurou este xoves 11 de decembro a mostra Arte prerrománica en Ourense, unha proposta expositiva que permitirá ao público achegarse, durante case dous meses, á época prerrománica de Galicia. A iniciativa, organizada pola sede institucional da Xunta de Galicia en colaboración co Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, reúne unha selección de pezas singulares procedentes dos fondos do centro museístico ourensán.

Xogar, aprender e divertirse

Xogar, aprender e divertirse

O Museo Provincial de Lugo (MPL) presenta unha nova exposición temporal, enmarcada no seu programa de “Coleccionismo e museos”, co obxectivo de difundir os fondos que alberga. A mostra exhibe a colección de xoguetes doada polo fonsagradino Xosé Lois Basanta Campos (1924-2016), ofrecéndonos unha viaxe no tempo que comeza na década de 1920 que nos axuda a comprender a evolución dos xoguetes, das modas, dos avances tecnolóxicos e dos cambios sociais.

A Xunta destina preto dun millón de euros a 69 bolsas de formación en bibliotecas, arquivos e museos

A Xunta destina preto dun millón de euros a 69 bolsas de formación en bibliotecas, arquivos e museos

O Consello da Xunta aprobou este luns 1 de decembro as bases e a convocatoria para o período 2026-2027 das bolsas de formación en arquivos, museos e bibliotecas, ás que a Xunta de Galicia destina 955.000 euros para ofertar un total de 69 prazas. Trátase dunha iniciativa que busca impulsar a formación especializada do futuro persoal técnico dos centros, así como posibilitar a súa aprendizaxe desde unha perspectiva máis práctica.

A Xunta aproba a integración da colección "Vicente Risco" no sistema galego de museos

A Xunta aproba a integración da colección "Vicente Risco" no sistema galego de museos

O Consello da Xunta deu este lunes 1 de decembro luz verde ao acordo para a creación e cualificación da Colección Museográfica Vicente Risco, xestionada pola fundación dedicada ao autor e composta por fondos documentais, bibliográficos, plásticos e familiares, que pasará así a integrarse no Sistema galego de centros museísticos.

Subscribe to