Ir o contido principal

RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC

RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC

O obxectivo deste programa é fomentar e facilitar o diálogo entre o público e a arte contemporánea co ioga como ferramenta para a mediación.

Ao longo do ano levaremos a cabo unha serie de sesións de ioga que terán como marco e como inspiración as exposicións de artistas como Carlos Pazos, Lluís Hortalà, Alexandra Ranner ou Jannis Kounellis.

Esta actividade, que conxuga a práctica do ioga e a experiencia da arte, explora os nexos entre aspectos como o simbolismo, a abstracción, a experimentación, a emoción ou a contemplación, que comparten ambas disciplinas.

ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición

ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición

O urbanismo e a arquitectura contemporánea seguen sendo os grandes descoñecidos da cidade de Santiago de Compostela. O obxectivo desta actividade é animar á cidadanía para ir máis aló da Compostela monumental para pasear, descubrir e gozar tamén dunha paisaxe arquitectónica actual e en constante cambio.

Nesta ocasión e, respondendo á demanda do público, reeditamos varios roteiros de arquitectura realizadas nos últimos anos.

Peza do mes: Cabeza antropomorfa de Armea

Peza do mes: Cabeza antropomorfa de Armea Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 11 de febreiro, mércores ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo arqueolóxico) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

A Xunta publica o decreto que regula a creación, modificación e disolución dos centros museísticos de Galicia

A Xunta publica o decreto que regula a creación, modificación e disolución dos centros museísticos de Galicia

Diario Oficial de Galicia publicou o xoves, 5 de febreiro, o decreto que regula a creación, modificación e disolución dos centros museísticos en Galicia. A Xunta conclúe así a tramitación da norma que desenvolve a Lei de Museos aprobada en 2021 e que dotou ao sector dun marco xurídico propio que non existía con anterioridade.  

Cine arqueolóxico

Cine arqueolóxico Arqueoloxía en cinema

O Museo Arqueolóxico de Ourense retoma brevemente as proxeccións de cine, coa colaboración do Cineclub Padre Feijoó, na Casa da Cultura (rúa Concello 11, Ourense): 

- Proxección do curto “O camiño de Cova Eirós”. A presentación e coloquio estará a cargo de Arturo de Lombera Hermida, profesor de Prehistoria da Universidade de Oviedo e director das escavacións de Cova Eirós.

- Proxección do curto “Jesús Carrera: O vermello de Hondarribia”.

Obradoiros Creativos

Obradoiros Creativos Obradoiros mensuais para que a xente nova se divirta mentras coñece o patrimonio cultural

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-31 de xaneiro: Tinguidos naturais

-28 de febreiro: ExpresArte

-21 de marzo: Aluméame: os candís e as candeas

-18 de abril: Perfumes da natureza

Cianotipia, as primeiras fotografías

Cianotipia, as primeiras fotografías Obradoiros mensuais para que a xente nova se divirta mentras coñece o patrimonio cultural

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-16 de maio: Cianotipia, as primeiras fotografías

Perfumes da natureza

Perfumes da natureza Obradoiros mensuais para que a xente nova se divirta mentras coñece o patrimonio cultural

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-18 de abril: Perfumes da natureza

Aluméame: os candís e as candeas

Aluméame: os candís e as candeas Obradoiros mensuais para que a xente nova se divirta mentras coñece o patrimonio cultural

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-21 de marzo: Aluméame: os candís e as candeas

ExpresArte

ExpresArte Obradoiros mensuais para que a xente nova se divirta mentras coñece o patrimonio cultural

O Museo ofrece os OBRADOIROS CREATIVOS, obradoiros mensuais deseñados para que nenos e nenas de 6 a 12 anos exploren, creen e se divirtan mentres conectan co noso patrimonio.

Cada obradoiro é unha oportunidade para descubrir técnicas tradicionais, transmitir saberes ancestrais e valorar as nosas raíces a través da experimentación e o xogo.

DATAS E TEMÁTICAS:

-28 de febreiro: ExpresArte

Neste obradoiro explorarán a creatividade e a arte arredor do mundo do viño, tan emblemático na zona. 

Actividade:

Subscribirse a