Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica Novo curso adicado as representacións no mundo grecorromano
O Museo inicia no primeiro semestre do ano unha nova edición do ciclo anual "Os temas da arte". Está concibido como unha continuación natural do desenvolvido no outono de 2024, onde se estudaron as divindades do panteón grecorromano, xa que os heroes e heroínas obxecto de análise esta vez son descendentes de relacións que tiveron con mortais os deuses estudados anteriormente.