A Xunta amplía o patrimonio cultural de Galicia con seis moedas históricas que serán custodiadas e exhibidas no Museo Arqueolóxico de Ourense
A Xunta amplía o patrimonio cultural de Galicia con seis moedas históricas que serán custodiadas e exhibidas no Museo Arqueolóxico de Ourense
As seis moedas históricas adquiridas da colección numismática privada de Antonio Orol serán custodiadas e exhibidas no Museo Arqueolóxico de Ourense. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na recepción das mesmas, onde salientou “o esforzo feito polo Goberno galego por recuperar e ampliar o patrimonio cultural de Galicia”.