Ir o contido principal

Inauguración dunha nova sala no Museo Provincial de Lugo

Inauguración dunha nova sala no Museo Provincial de Lugo

O venres 28 de novembro, ás 19:00 h, o Museo Provincial de Lugo inaugura a nova sala de Numismática & Medallística. Unha actuación que renova este espazo expositivo, deseñada para expoñer de forma permanente o sestercio da Caetra, e mellorar a protección e conservación da colección de moedas do museo.

Marxes Fílmicas 2025. China

Marxes Fílmicas 2025. China Achegamento a outras realidades cinematográficas

En colaboración co Cineclube Padre Feijoo, con quen se iniciou en 2012 este ciclo, continúa xa coa súa décimo cuarta edición, mirando este ano cara a China. A selección realizada, busca un achegamento a outras realidades cinematográficas. Este ano, as Marxes fílmicas 2025 celebran a coincidencia coa exposición actual “Made in China”, que pode visitarse no Museo etnolóxico.

As proxeccións serán coa entrada de balde ata completar o aforo.

Os filmes que se proxectarán son os seguintes:

Anxo M. Lorenzo convida a “repensar o cotián da man de Eugenio Granell”

Anxo M. Lorenzo convida a “repensar o cotián da man de Eugenio Granell”

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o pasado xoves 6 de novembro a exposición Surrealismos cotiáns. Unha lectura das coleccións inspirda por Eugenio Granell, onde destacou a figura de Eugenio Granell “para convidarnos a repensar o cotián desde a estrañeza”. Trátase dunha proposta que se poderá visitar no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata o vindeiro 28 de febreiro e que toma a figura do artista coruñés como punto de partida para repensar a súa relación co mundo material, a memoria e a creatividade.

Peza do mes: Historia natural de Georges-Louis Leclerc

Peza do mes: Historia natural de Georges-Louis Leclerc Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 12 de novembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo documental) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Os carteis de cego na obra de Isaac Díaz Pardo

Os carteis de cego na obra de Isaac Díaz Pardo Espectáculo teatral

Os cegos cantores eran personaxes populares que ben seguro Isaac Díaz Pardo puido ver e escoitar nas distintas feiras galegas. Estes músicos ambulantes amenizaban os días de mercado cantando romantes e axudábanse de ilustracións para situar ao público na historia.

Díaz Pardo rendeulles homenaxe nos seus carteis de cego Paco Pixiñas, a Nave Espacial ou o Marqués de Sargadelos, expostos na mostra A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo.

Isaac Díaz Pardo na pantalla

Isaac Díaz Pardo na pantalla Ciclo documental sobre Díaz Pardo no marco da exposición "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

O Museo de Belas Artes da Coruña, no marco da exposición temporal "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo", organiza un Ciclo de documentais sobre a figura e a obra de Isaac Díaz Pardo.

Programa

Martes 18 de novembro

Isaac (2007), documental de Xosé Abad Vidal (55 min).

Martes 25 de novembro

As miradas de Isaac (2020), videoinstalación de Cecilia Díaz Betz (20 min).

 

Entrada libre ata completar aforo

Isaac Díaz Pardo na pantalla

Isaac Díaz Pardo na pantalla Ciclo documental sobre Díaz Pardo no marco da exposición "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

O Museo de Belas Artes da Coruña, no marco da exposición temporal "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo", organiza un Ciclo de documentais sobre a figura e a obra de Isaac Díaz Pardo.

Programa

Martes 18 de novembro

Isaac (2007), documental de Xosé Abad Vidal (55 min).

Martes 25 de novembro

As miradas de Isaac (2020), videoinstalación de Cecilia Díaz Betz (20 min).

 

Entrada libre ata completar aforo

O téxtil na antigüidade

O téxtil na antigüidade Obradoiro no Castro de Viladonga

Ábrese o prazo de inscrición deste novo obradoiro en Viladonga, nesta ocasión para coñecer un pouco máis do tecido na antigüidade.

Haberá dúas quendas, unha pola mañá, de 10:00 h. a 14:00 h. e outra pola tarde de 16:00 h. a  20:00 h, a cargo de Miriam Fernández.

A inscrición pódese facer no teléfono 982 87 01 60

Maruxa Mallo e a alfombra voadora

Maruxa Mallo e a alfombra voadora

O día 8 de outubro de 2025 inaugurouse no Museo Reina Sofía de Madrid a exposición MARUJA MALLO. MÁSCARA E COMPÁS. A mostra foi complementada por unha instalación de arte efémera que consistiu na realización dunha alfombra de cunchas realizada pola Asociación Cunchas e Flores de Bueu.  A alfombra foi desmontada o día 28 de outubro e trasladada ao Museo Massó.

Subscribirse a