Ir o contido principal

I Semana de cine arqueolóxico

I Semana de cine arqueolóxico Achegamento á cinematografía relacionada co mundo arqueolóxico

Esta semana, na Casa da Cultura de Ourense, e en colaboración co Cineclube Padre Feijoo o MAPOU presenta a Semana de Cine Arqueolóxico, coas seguintes proxeccións:

- 2 de decembro: Homo Sapiens, as novas orixes (Julien Olivier, Francia, 2020)

Presentada por Mikel Díaz Rodríguez (profesor de Prehistoria Uvigo)

 

-3 de decembro: A cidade esquecida da dinastía Ming (Stéphane Bégoin, China-Francia, 2024)

Presentada por Óscar Penín Romero (Xestor cultural e comisario de exposicións)

Presentación do catálogo da exposición “Kumbh Mela. O camiño da inmortalidade. Fotografías de Manuel Valcárcel”, no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Presentación do catálogo da exposición “Kumbh Mela. O camiño da inmortalidade. Fotografías de Manuel Valcárcel”, no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Museo das Peregrinacións e de Santiago, na súa vocación de documentar, difundir e promocionar as diferentes producións artísticas vinculadas ás peregrinacións e ao Camiño de Santiago vén de publicar o catálogo da exposición temporal «Kumbh Mela. O camiño da inmortalidade. Fotografías de Manuel Valcárcel». 

Presentación do catálogo da exposición A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo no Museo de Belas Artes da Coruña

Presentación do catálogo da exposición A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo no Museo de Belas Artes da Coruña

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou este mércores 27 de novembro, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o catálogo que recolle o contido da mostra A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo, aberta no Museo de Belas Artes da Coruña desde o pasado 19 de xuño, coa que a Xunta se sumou á homenaxe ao ilustre persoeiro neste ano no que se lle dedicou o Día das Artes Galegas.

Os traballos de Hércules. Colección de gravados dos fondos académicos

Os traballos de Hércules. Colección de gravados dos fondos académicos

O xoves 4 de decembro ás 20:00 horas terá lugar no Museo Municipal Ramón María Aller (Rúa Ramón María Aller, 9. Lalín) a presentación da exposición “Os traballos de Hércules. Colección de gravados dos fondos académicos”. A mostra está comisariada por José Ramón Soraluce Blond e organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Lalín. Esta mostra é un dos actos programados co gallo do 175 aniversario da fundación da academia.

25 N. Os Desastres da guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

25 N. Os Desastres da guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

Nesta exposición dunha peza singular amósasee o exemplar desta serie de gravados de Goya que forma parte da colección do Museo Massó. A partir da selección de estampas nas que o artista nos deixa un cru testemuño gráfico das violacións que sufrían as mulleres por parte dos soldados, queremos denunciar a actualidade destas imaxes acompañándoas con titulares de prensa de horrores semellantes nas guerras recentes.

O Museo Massó de Bueu organiza a exposición 25 N. Os Desastres da guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

O Museo Massó de Bueu organiza a exposición 25 N. Os Desastres da guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

O Museo Massó de Bueu organiza esta exposición temporal co motivo da celebración do Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Nesta exposición de Unha peza singular móstrase o exemplar desta serie de gravados de Goya que forma parte da colección do museo. A partir da selección de estampas nas que o artista nos deixa un cru testemuño gráfico das violacións que sufrían as mulleres por parte dos soldados, queremos denunciar a actualidade destas imaxes acompañándoas con titulares de prensa de horrores semellantes nas guerras recentes.

A Casa Museo da Fundación Camilo José Cela organiza unha mostra que pon en valor os vencellos do escritor coa universidade

A Casa Museo da Fundación Camilo José Cela organiza unha mostra que pon en valor os vencellos do escritor coa universidade

A Xunta de Galicia homenaxea a Camilo José Cela cunha exposición que fai un repaso aos doutoramentos honoris causa que lle foron outorgados ao escritor e que xa se pode ver na sede da súa fundación en Padrón. 

Inauguración da exposición “Os traballos de Hércules” no Museo Municipal Ramón María Aller

Inauguración da exposición “Os traballos de Hércules” no Museo Municipal Ramón María Aller

O xoves 4 de decembro ás 20:00 horas o Museo Municipal Ramón María Aller inaugura a exposición “Os traballos de Hércules”.

Trátase dunha colección de gravados dos fondos académicos, mostra comisariada por José Ramón Soraluce Blond e organizada pola da Real Academia Galega de Belas Artes co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Lalín.

Subscribirse a