Ir o contido principal

25 N. Os Desastres da guerra. O corpo das mulleres como arma de guerra

Nesta exposición dunha peza singular amósasee o exemplar desta serie de gravados de Goya que forma parte da colección do Museo Massó. A partir da selección de estampas nas que o artista nos deixa un cru testemuño gráfico das violacións que sufrían as mulleres por parte dos soldados, queremos denunciar a actualidade destas imaxes acompañándoas con titulares de prensa de horrores semellantes nas guerras recentes.