Inauguración da exposición “Os traballos de Hércules” no Museo Municipal Ramón María Aller
O xoves 4 de decembro ás 20:00 horas o Museo Municipal Ramón María Aller inaugura a exposición “Os traballos de Hércules”.
Trátase dunha colección de gravados dos fondos académicos, mostra comisariada por José Ramón Soraluce Blond e organizada pola da Real Academia Galega de Belas Artes co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Lalín.