Ir o contido principal

Museo Diocesano de Santiago de Compostela

Museo Diocesano de Santiago de Compostela

O museo

A colección do Museo Diocesano de Santiago de Compostela reúne unha parte importante do patrimonio moble pertencente á Arquidiocese de Santiago de Compostela. 

Gran número de pezas proceden de parroquias da diócese, ben porque caeron en desuso ou porque non se dispoñía dos medios para a súa conservación, sendo depositadas en San Martiño Pinario, onde chegaron a ser expostas de forma temporal ou puntual. Outras pezas son de institucións vinculadas a este museo, como o Museo da Catedral ou a propia catedral de Santiago, mentres que outras foron realizadas ex professo para o Diocesano. Así mesmo, súmanse os fondos do inmoble que acolle este museo, o antigo Mosteiro de San Martiño Pinario e o Seminario Maior que o ocupou desde o ano 1829. 

A maior parte da colección do Museo Diocesano constitúena pezas de arte sacra, aínda que está composta por pezas de natureza diversa, desde a época medieval ata a contemporaneidade: escultura relixiosa en distintos materiais (madeira, pedra, marfil ou alabastro), pintura (representación de escenas relixiosas, temática xacobea ou retratos de figuras eclesiásticas), artes decorativas, ourivaría e obxectos litúrxicos (pratería, copóns, portapaces ou cruces procesionais). Ademais, a sección máis antiga desta colección é arqueolóxica, xa que posúe unha colección de laudas sepulcrais relacionadas coa historia de Santiago e da catedral.

 

https://museodiocesano.gal/

Praza da Inmaculada nº 5, esquina coa rúa da Moeda Vella
15704, Santiago de Compostela

Tlf. 881 025 856
atencionvisitante@catedraldesantiago.es

Horario

De luns a venres: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas
Sábados: de 10:00 a 14:00
Visitas guiadas de luns a sábado ás 12:30 e 16:30 horas (os sábados só pola mañá)


Tarifas

5 €
Entrada gratuíta con calquera modalidade de visita do Museo da Catedral